Novas Emprendemento
Luns, 17/02/2025
Emprendemento
Creatividade para a innovación
Featured image for “Creatividade para a innovación”
Programa eduemprende Actúa A biblioteca do Cifp Fontecarmoa foi o espazo que acolleu o taller  dinámico “Creatividade para a innovación” o pasado día 4 de febreiro.  Da man de Verónica R. Ruzo, esta actividade tivo como obxectivo o de coñecer técnicas (como o mapa mental e o SCAMPER) e exemplos innovadores para identificar oportunidades de negocio ou solucións creativas para a mellora empresarial....
Ler máis...
Martes, 14/01/2025
Emprendemento
Programa Simula
Featured image for “Programa Simula”
A partir deste curso 2024/2025, o CIFP Fontecarmoa participa no PROGRAMA SIMULA co grupo 1º CM Actividades Comerciais, que conta cun total de 28 alumnos/as matriculados. Esta ferramenta utilizarase no módulo Xestión de Compras, impartido pola compañeira Mª Cristina Pazos Navia. O programa SIMULA consiste nun NEGOCIO VIRTUAL no que a dirección e a xestión será realizada polo propio alumnado...
Ler máis...
Mércores, 20/11/2024
Emprendemento
Taller Comunicación audiovisual
Featured image for “Taller Comunicación audiovisual”
O pasado 7 de novembro celebrouse o taller “Comunicación audiovisual para as túas RRSS profesionais”, da man de Xaquín Domínguez.Nesta actividade o alumnado aprendeu a crear contidos para as súas redes sociais de xeito responsable para o seu futuro profesional e coñeceron pautas para unha boa comunicación.Durante dúas horas resolvéronse dúbidas acerca de como comportarse ante unha cámara e como...
Ler máis...
Martes, 05/11/2024
Emprendemento
Safari Emprendedor
Featured image for “Safari Emprendedor”
Hoxe celebrouse na biblioteca do CIFP Fontecarmoa a derradeira sesión da actividade “Safari Emprendedor”, a cargo da relatora Raquel Pedrouso. O grupo de CM Actividades Comerciáis, segundo curso, participou neste Safari no que se desenvolveron dinámicas que tiveron como obxectivo fundamental o traballo co alumnado para o desenvolvemento habilidades brandas que favorezan o seu espírito emprendedor: traballo en equipo,liderado, autocoñecemento,...
Ler máis...
Venres, 11/10/2024
Emprendemento
Aulas de Emprendemento
Featured image for “Aulas de Emprendemento”
Formacións destinadas ao alumnado previstas para este primeiro trimestre do curso 2024/25.Todas perseguen o obxectivo común o de sensibilizar cara o emprendemento e o autoemprego coma unha opción laboral de futuro. Nalgunhas, coma veredes, trabállanse habilidades persoais imprescindibles para o seu crecemento persoal e profesional. Noutras, afóndase nos coñecementos xa adquiridos. En todo caso, están deseñadas para completar a formación que...
Ler máis...
Xoves, 09/05/2024
Emprendemento
Eduemprende Actúa
Featured image for “Eduemprende Actúa”
O día 7 de maio a biblioteca do noso centro foi o lugar de celebración da actividade sobre procura de emprego realizada  no marco do programa eduemprende Actúa. Entre os obxectivos previstos para esta charla, na que participóu alumnado de 1º CM Actividades Comerciais e 1º CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, fixáronse os de sensibilizar ao alumnado sobre...
Ler máis...
Luns, 06/05/2024
Emprendemento
Prepárate para o salto.
Featured image for “Prepárate para o salto.”
O día 29 de abril desenvolveuse no CIFP Fontecarmoa o programa Prepárate para  o salto. Esta actividade, realizouse en colaboración coa Fundación Abanca Obra Social, e consistíu na asistencia presencial a unha conferencia titulada Sé intelixente cos teus cartos, impartida pola profesora de finanzas Carlota Sánchez Puga. A duración da charla foi de 60 minutos e nela abordáronse os retos...
Ler máis...
Xoves, 02/05/2024
Emprendemento
Charla Grupo Pérez Rumbao
Featured image for “Charla Grupo Pérez Rumbao”
“O pasado día 23 de abril visitounos no CIFP Fontecarmoa Antonio Domingo Tudó, director de RRHH da firma de vehículos automóbiles Grupo Pérez Rumbao. A súa visita enmarcouse dentro do programa EdutecEmprende, iniciativa da consellería de Educación, que ten entre os seus obxectivos aproximar o tecido empresarial galego á mocidade. Antonio presentounos ao Grupo Pérez Rumbao de xeito moi dinámico...
Ler máis...
Venres, 09/02/2024
Emprendemento
Convocatoria Concurso Eduemprende Idea 2024
Featured image for “Convocatoria Concurso Eduemprende Idea 2024”
Eduemprende Idea é un concurso, convocado pola Xunta de Galicia, que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos. Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:– Ter estado matriculado durante o curso 2023/24 nas ensinanzas de...
Ler máis...
Xoves, 11/01/2024
Emprendemento
Concurso Eduemprende Idea 2023
Featured image for “Concurso Eduemprende Idea 2023”
Daniel Búa Carballo, Diego Gómez Martínez e Alba Martínez Alfonsín do noso centro CIFP Fontecarmoa foron seleccionados para Eduemprende Idea 2023. Este concurso pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos. O seu proxecto da solucións para mellorar...
Ler máis...
Martes, 28/11/2023
Emprendemento
Taller “Como presentarse ao mundo”
Featured image for “Taller “Como presentarse ao mundo””
O mercado laboral é moi competitivo e ás veces son moitas as dificultades coas que se atopan as persoas que queren acceder a un posto de traballo. Dispoñer de ferramentas e instrumentos útiles que favorezan a empregabilidade é moi importante. Por iso, o pasado día día 20 de novembro, no salón de actos do CIFP Fontecarmoa, celebrouse o taller “Como...
Ler máis...
Xoves, 09/11/2023
Emprendemento
Taller de comunicación.
Featured image for “Taller de comunicación.”
Hoxe, día 8 de novembro, celebrouse no CIFP FONTECARMOA a actividade “Taller de comunicación” a cargo do actor Xaquín Domínguez (que moitos lembrarán de série Pai Casares).O taller contou cunha ampla participación de alumnado pertencente ás distintas familias profesionais con estudos presentes na oferta educativa do centro educativo. Xaquín Domínguez destinou a actividade ao traballo de habilidades brandas como a...
Ler máis...
Mércores, 11/10/2023
Emprendemento
Aulas de emprendemento no CIFP Fontecarmoa
Featured image for “Aulas de emprendemento no CIFP Fontecarmoa”
O CIFP Fontecarmoa desenvolverá, a partir deste próximo mes de outubro, unha serie de actividades dirixidas ao alumnado que se enmarcan dentro do programa Aulas de Emprendemento na Formación Profesional 2023 e que teñen coma obxectivo común o fomento da cultura emprendedora e a adquisición de habilidades persoais e profesionais encamiñadas a potenciar o emprendemento e o autoemprego. O calendario...
Ler máis...
Martes, 02/05/2023
Emprendemento
Talleres sobre Desing Thinking e Lean Startup
Featured image for “Talleres sobre Desing Thinking e Lean Startup”
Os días 21 e 22 de novembro, organizáronse no noso centro dous talleres experienciales destinados á formación do profesorado en novas ferramentas e recursos educativos vinculados á innovación e novas tecnoloxías. Estas actividades foron impartidas baixo a batuta de Néstor Guerra, un dos expertos máis recoñecidos no ámbito do emprendemento e a innovación corporativa especialista en metodoloxías áxiles como Design...
Ler máis...
Venres, 28/04/2023
Emprendemento
Programa ACTÚA
Featured image for “Programa ACTÚA”
O pasado día 18 de abril celebrouse no salón de actos do CIFP FONTECARMOA unha charla sobre inserción laboral enmarcada dentro do programa de emprendemento “Actúa”.A relatora, Verónica Rodríguez Ruzo, dirixiuse ao alumnado dos ciclos de Transporte e Loxística, Mecatrónica Industrial, Automatización e Robótica industrial e Industrias alimentarias, transmitindo a súa propia experiencia emprendedora e animando ao alumnado a contemplar...
Ler máis...
Xoves, 27/04/2023
Emprendemento
Atrévete a ter unha idea
Featured image for “Atrévete a ter unha idea”
Hoxe tivemos unha visita do alumnado de 6 de primaria do Colexio Público do Piñeiriño; como parte do programa ” Atrévete a ter unha idea” o alumnado do colexio do Piñeiriño asistiu no noso centra a unha charla impartida polo empresario vilagarcián Javier Soto, membro da Asociación Juvenil de Empresarios da provincia de Pontevedra. Despois da charla o alumnado puido...
Ler máis...
Venres, 31/03/2023
Emprendemento
Preparados para o salto
Featured image for “Preparados para o salto”
Hoxe, 28 de marzo ás 8:30, tivo lugar no centro a ponencia “Preparados para o salto” organizada pola Coordinación de emprendemento dentro do programa Eduemprende en colaboración coa Fundación Abanca para a alfabetización financieira. Os alumnos de 1GS Comercio Internacional puideron asistir a esta actividade da mán de Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de educación superior de Afundación...
Ler máis...
Luns, 06/03/2023
Emprendemento
Talleres de oratoria e creatividade para o emprendemento
Featured image for “Talleres de oratoria e creatividade para o emprendemento”
O pasado día 20 de decembro celebrouse a segunda edición dos talleres de oratoria, dirixidos por Alejandra Sánchez-Barge, e os talleres de creatividade para o emprendemento, dirixidos por María Vierna. O número de alumnado dos ciclos medios e superiores que atenderon a este evento supera os douscentos, alumnado que tivo a oportunidade de coñecer e practicar técnicas transversais chave para a mellora...
Ler máis...