Comercio e Márketing

O departamento de Comercio e Márketing está constituído por 17 profesores que imparten docencia en seis ciclos, en réxime ordinario, diferentes de cada un dos tres grados existentes ademais dun ciclo superior en modalidade a distancia. O ciclo de FP básica CBCOM11 de Servizos Comerciais, o ciclo medio CMCOM01 de Actividades Comerciais e os ciclos superiores CSCOM01 de Transporte e loxísitica, CSCOM02 de comercio Internacional e o CSCOM03 de Xestión de vendas e espazos comerciais. O ciclo en modalidade a distancia é o ZSCOM04 de Márketing e publicidade.
Estes ciclos permitiranche traballar por conta propia xestionanando un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea exercendo a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial, no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias de organismos públicos, en empresas industriais e comerciais grandes e medianas, no sector do comercio polo miúdo, etc.
Xefatura do departamento
Elena Rodríguez Lago
elenarodriguezlago@edu.xunta.gal
Contacto do departamento
Profesorado
Carlota Barrera Toba
Alberto Cacheda Cajaraville
Información sobre a oferta formativa
Galería de imaxes
Ofertas de traballo
Novas do departamento

