Venres, 11/10/2024 · 10:52 a.m.
Emprendemento
Aulas de Emprendemento

Formacións destinadas ao alumnado previstas para este primeiro trimestre do curso 2024/25.
Todas perseguen o obxectivo común o de sensibilizar cara o emprendemento e o autoemprego coma unha opción laboral de futuro.

Nalgunhas, coma veredes, trabállanse habilidades persoais imprescindibles para o seu crecemento persoal e profesional. Noutras, afóndase nos coñecementos xa adquiridos. En todo caso, están deseñadas para completar a formación que reciben nas aulas.

Non dúbidedes en participar activamente!!

1) Posicionamento SEO e desenvolvemento web – Duración: 2 horas

Wajari Velásquez, consultor SEO e profesor na Universidade de Vigo, compartirá os seus coñecementos connosco.

Data: 28 outubro (aula do grupo)

Horario: 09:30 – 11:30 h. / 12:00 – 14:00 h.

Destinatarios: Alumnado CM e CS
 

2. Safari emprendedor – Duración: 5 horas

Análise das áreas de mellora, prototipado da idea, testeo de idea de mellora, presentación do proxecto e práctica do elevator pitch.

Datas: 29 outubro / 5 novembro (biblioteca)

Horario: 9:00 a 14:00 h.

Destinatarios: Alumnado CB (2º) e CM
 

3. Comunicación audiovisual para as túas rrss profesionais – Duración: 2 horas

O alumnado aprenderá a crear contidos de forma responsable para o seu futuro profesional da man do actor e fotógrafo Xaquín Domínguez.

Data: 7 novembro (salón de actos)

Horario: 09:30 – 11:30 / 12:00 – 14:00

Destinatarios: Alumnado CM e CS
 

4. Habilidades sociais para o emprendemento – Duración: 2 horas

Da man de Verónica R. Ruzo este obradoiro está dirixido ao alumnado para que adquira e desenvolva habilidades e competencias necesarias non só para o emprendemento, senón como modelo vital.

Data: 28 novembro (biblioteca)

Horario: 9:30 – 11:30 h. / 12:00 – 14:00 h.

Destinatarios: Alumnado CM e CS, máx. 15 participantes. Metodoloxía Lego Serious Play

5. Oratoria: ferramentas para o emprendemento e a inserción laboral – Duración: 2 horas

De novo connosco Álex Sánchez-Barge nunha formación imprescindible para todo o alumnado.

Data: 2 decembro (salón de actos)

Horario: 9:30 – 11:30 h. / 12:00 – 14:00 h.

Destinatarios: Alumnado CM e CS

Para anotar aos vosos grupos, respostade a este correo indicando a formación (1-5), o horario e o grupo/número de alumnos que participaría. O profesorado está convidado tamén!.

Atenderanse solicitudes ata o 22 de outubro por orde de chegada e ata esgotar prazas.