Acreditación

PRESENTACIÓN

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Image
José manuel figueira mariño

XEFE DO DEPARTAMENTO DE ACREDITACIÓN E PROBAS

Recoñecemento e avaliación de competencias profesionais

0034 886 151 956

acreditacion.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal

NOVAS Acreditación cifp fontecarmoa

Nesta sección atoparás novas acerca dos procesos de acreditación de competencias profesionais no CIFP Fontecarmoa, para calquera pregunta non dubides en porte en contacto co responsable deste departamento.