Ensinanzas Deportivas

Image

As ensinanzas deportivas están dentro do sistema educativo e a súa finalidade é a formación de técnicos (monitores e adestradores) en diferentes modalidades e especialidades. No CIFP Fontecarmoa dispoñemos de ensinanzas deportivas de Baloncesto e Vela.

Son de réxime especial porque se poden facer simultáneas con outro estudos, xa que teñen unha estrutura adaptada ás necesidades formativas da tecnificación e o rendemento deportivo canto a duración, horarios, prácticas, etc. Son as únicas titulacións oficiais no ámbito deportivo e teñen validez académica e profesional en todo o Estado. Organízanse en ciclo medio (niveis I e II), conducente ao título de técnico deportivo, e ciclo superior (nivel III), co que se obtén o título de técnico deportivo superior

Xefatura do departamento

María Concepción Pérez Alonso
m.concepcion.perez.alonso@edu.xunta.gal

Contacto do departamento

cursobaloncesto@gmail.com
886 151 956

Profesorado

Alejandro Pombo Ramos

Pablo Villaronga Paz

Ivan Villar Fernández

Información sobre a oferta formativa

Grao medio en Técnico Deportivo en Baloncesto

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións 22-23

Grao superior en Técnico Deportivo superior en Baloncesto

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións 22-23

Grao superior en Técnico Deportivo en Vela con Aparello Fixo

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións 22-23

Galería de imaxes

Ofertas de traballo

A continuación podes atopar unha listaxe de bolsas de emprego para as que estarás plenamente capacitado/a unha vez que complételo programa formativo ofertado por este departamento. Esta listaxe ten un carácter orientativo e é posible que algunhas ofertas de emprego xa non se atopen dispoñibles.
Imelfa e Hijos S.L
· Xornada partida ·
Stellantis Vigo
Programa formativo en colaboración con Ceaga e Xunta de Galicia · Fin de semana ·
Osmos Sistemas Eléctricos
· ·

Novas do departamento

Xoves, 08/06/2023 · 12:35 p.m.
Xa está en marcha o Clinic Vilagarcía 2023 de Baloncesto, que contará a semana que vén con Pablo Laso O Centro Integrado de Formación Profesional, que acolle este curso, ofrece os ciclo formativos de grao medio e superior na súa oferta regrada O Centro Integrado de Formación Profesional Fontecarmoa é a sede dun novo Clinic Vilagarcía de baloncesto, que chega...
Image
Venres, 05/05/2023 · 8:32 a.m.
O Clínic Vilagarcía volverá o próximo mes de xuño ao CIFP Fontecarmoa. Esta edición do clinic que durante etes últimos anos trouxo a Vilagarcía a nomes ilustres do baloncesto español como Aíto García Reneses, Xavi Pascual, Pedro Calles, Carles Durán, Pedro Martínez, Luis Casimiro, Txus Vidorreta Moncho Fernández o Jaume Ponsarnau que pasaron polas instalacións do hoxe CIFP Fontecarmoa da...
Image