Outras coordinacions
equipo de dinamización lingua galega
O obxecto do equipo de dinamización da Lingua Galega é potenciar o seu uso, en cada centro integrado constituirase un equipo de dinamización da lingua galega do cal formarán parte os distintos colectivos do centro.
Tres representantes do profesorado, por proposta do claustro de profesorado.
Dous representantes do alumnado, por proposta deste colectivo.
Un representante do persoal non docente, por proposta deste colectivo.
luís cividanes gonzález
COORDINADOR DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA
0034 886 151 956
Novas dinamización da Lingua Galega do CIFP Fontecarmoa
Nesta sección atoparás novas do equipo de dinamización da Lingua Galega no CIFP Fontecarmoa, para calquera pregunta non dubides en porte en contacto co responsable deste equipo.
O Día das Letras Galegas 2024 está adicado a Luísa Villalta
Xa está na imprenta o novo número da revista Bardos
Resultados da enquisa sobre usos lingüísticos no CIFP Fontecarmoa no curso 2023/24
Enquisa sobre as linguas no CIFP Fontecarmoa
Gañadora Concurso Microrrelatos.
COORDINACIÓN DE emprendemento
Dentro das súas funcións estarán as de xestionar os viveiros de empresas e titorizar os proxectos seleccionados con base na súa viabilidade, realizando o seu seguimento, difundir, promover e apoiar as iniciativas emprendedoras entre todo o alumnado do centro, informar os posibles emprendedores dos recursos dispoñibles na área de emprendemento, propoñer cursos de formación ou estadías ou sesións formativas en empresas ou institucións públicas.
Novas coordinación de emprendemento do CIFP Fontecarmoa
Nesta sección atoparás novas da coordinación de emprendemento no CIFP Fontecarmoa, para calquera pregunta non dubides en porte en contacto co responsable deste equipo.
COORDINACIÓN de formación e innovación
Entre as funcións do coordinador ou da coordinadora de innovación e formación do profesorado establecer atópanse as de dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, así como a proxectos de investigación, e a súa transferencia nos procesos empresariais e nas súas aplicacións didácticas e a de realizar o seguimento do plan de actividades de formación do profesorado.
isabel ramallal rodríguez
COORDINADORA DE INNOVACIÓN E FORMACIÓN
0034 886 151 956
Novas coordinación de innovación e formación do CIFP Fontecarmoa
Nesta sección atoparás novas da coordinación de innovación e formación no CIFP Fontecarmoa, para calquera pregunta non dubides en porte en contacto co responsable deste equipo.
Proxectos de formación do profesorado de formación profesional e ensinanzas de réxime especial
PROXECTOS DE INNOVACIÓN E INVESTIGACIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL: Convocatoria do Ministerio de Educación e Formación Profesional
Licenzas de formación curso 23/24
Formación Caderno de aula e de calificacións
PIALE 2023
COORDINACIÓN TICS
Entre as funcións do coordinador TICS atópanse:
- Colaborar na implantación, no desenvolvemento e no mantemento dos recursos tecnolóxicos do centro.
- Fomentar a participación do profesorado na creación de proxectos e actividades de I+D+I, co uso das novas tecnoloxías e a súa difusión no centro.
- Establecer as relacións necesarias coas administracións, entidades e empresas para o desenvolvemento de actividades ou proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.
- Promover e coordinar a elaboración e a actualización da páxina web.
- Establecer canles para a difusión e o intercambio de experiencias, proxectos e información con outras entidades educativas.
- Colaborar coa xefatura da área de Administración, da xestión e no mantemento dos recursos dispoñibles, así como na adquisición de equipos.
- Velar polo mantemento das instalacións e do equipo informático.
- Realizar propostas para o establecemento das normas de uso das tecnoloxías da información dispoñibles no centro.
- Apoiar ó profesorado na integración das TIC nos programas formativos.
Novas coordinación TICS do CIFP Fontecarmoa
Nesta sección atoparás novas da coordinación de TICS no CIFP Fontecarmoa, para calquera pregunta non dubides en porte en contacto co responsable deste equipo.