Empresas
Desde o departamento de relación con empresas levamos a cabo unha dobre función; por unha banda coordinamos a parte administrativa do módulo de prácticas nas empresas, e por outra xestionamos a bolsa de emprego do CIFP Fontecarmoa.
Este traballo permite poñer en contacto ás empresas co alumnado do no noso centro. O antigo alumnado poderá inscribirse na bolsa de emprego subindo o seu curriculum vitae no formulario correspondente.
O módulo profesional de FCT é un bloque coherente de formación profesional que se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Este módulo ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. E desenvolverase procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas nos centros educativos, complementadas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo.
Calquera empresa interesada en ofertar prazas para a realización de prácticas debe realizar dous trámites:
- o primeiro é facerse empresa colaboradora cubrindo o formulario de NOVA EMPRESA; deste xeito a empresa pasará a formar parte da listaxe oficial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
- o segundo consiste en solicitar alumnado en prácticas.
Empresa colaboradora
O proceso é sinxelo soamente debemos ter en conta o seguinte:
- A empresa ten que estar inscrita na listaxe de empresas colaboradoras da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
- A inscrición é un sinxelo trámite que consiste en aportar os datos da empresa a través da folla de inscrición de nova empresa. (Pódese realizar cubrindo o documento MD85FCT02 e envialo o email do responsable)
- Unha vez inscrita e para que o alumno poda realizar a FCT, suscribiráse un convenio entre as partes.
- Da tramitación do convenio e do resto da documentación encargarase o centro educativo.
- A Consellería de Educación cubrirá posibles accidentes e ou incidentes a través dunha póliza de seguros.
Para calquera pregunta non dubidedes en contactar con:
Pablo Villaronga Paz
pablovillarongapaz@edu.xunta.gal
(+34) 886 15 19 56
Solicitar alumnado en prácticas
Pode solicitar alumnado en prácticas na dirección pablovillarongapaz@edu.xunta.gal ou ou chamando o teléfono 886 151 956.
Facer oferta de emprego
Para facer unha oferta de emprego poden dirixirse o correo laurarodiaz@edu.xunta.gal ou chamando o teléfono 886 15 19 56 ou ben cubrindo o formulario que poden ver na parte inferior.
Unha vez recibida a oferta de emprego procederase do seguinte xeito:
1. Publicarase a oferta na páxina WEB do centro.
2. Enviaráselle a oferta aos titores dos ciclos correspondentes.
3. Remitirase á empresa os enlaces para acceder os currículum do alumnado que esté na nosa base de datos.
Información para as empresas sobre a FCT
Finalidades da FCT
- Completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título alcanzadas no centro educativo.
- Adquirir unha identidade e unha madureza profesional motivadoras para a aprendizaxe ao longo da vida e para as adaptacións aos cambios das necesidades de cualificación.
- Completar coñecementos relacionados coa produción, a comercialización, a xestión económica e os sistemas de relacións sociolaboráis das empresas, co fin de facilitar a inserción laboral.Avaliar os aspectos máis relevantes da profesionalidade alcanzada polo alumnado no centro educativo e acreditar os aspectos requiridos no emprego que non poidan verificarse por exixir situacións reais de traballo.
Desenvolvemento da FCT
Consiste nunha estadía na empresa por parte dos nosos alumnos, sen que sesto upoña unha vinculación laboral. Trátase de estudantes en prácticas que non teñen carácter de traballadores.
Este módulo profesional ven regulado pola Orde de 28 de febreiro de 2007, publicada no DOGA de 8 de marzo de 2007, da que extraemos como máis salientables os seguintes requisitos:
- A duración do período de prácticas é de 320 horas para os Ciclos básicos, de 410 horas para os Ciclos Medios e de 384 horas para os Ciclos Superiores.
- A xornada laboral non debe exceder das 8 horas diarias nin das 40 horas semanais. Aínda que en certos sectores está permitido acordar horarios especias previa autorización por parte da Consellería de Educación.
- A titoría do centro educativo xunto coa titoría do centro de traballo farán o seguimento do desenrolo do módulo profesional.
- A actividade do alumnado na empresa axustarase ó Plan Individualizado establecido pola titoría en colaboración ca empresa.
- O alumnado non recibirá compensación económica algunha por parte da empresa pola realización da FCT.
Períodos da FCT
Realizase ó longo do curso en tres periodos.
- Prazo ordinario de mediados de marzo a mediados de xuño.
- Prazo extraordinario de mediados de setembro a mediados de decembro.
- Prazo extraordinario de xaneiro a marzo.