Secretaría

Image

Información e contacto

Image

ENDEREZO

CIFP FONTECARMOA
Fontecarmoa 92, 36600
Vilagarcía de Arousa, Galicia, España

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DA SECRETERÍA DO CENTRO

 

Horario Secretaría (1 ) (2)  

  • De LUNS a VENRES de 09:00 a 14:00horas
    (TODO O ANO excepto festivos)

(1)períodos de vacacións, días non lectivos e actividade docente segundo a planificación educativa.

(2)Art.30.8 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:

“A declaración dun día como hábil o inhábil a efectos do cómputo de prazos non determina por sí o funcionamiento dos centros de traballo das Administraciones Públicas, a organización do tempo de traballo e o réxime de xornada e horarios das mesmas”

Admisión e matrícula

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Información e normativa

Réxime ordinario

 

Réxime para persoas adultas na modalidade presencial

Réxime para persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Ensinanzas deportivas

 

As Ensinanzas Deportivas estrutúranse en dous graos: grao medio e grao superior, e forman parte da educación secundaria postobrigatoria e da educación superior, respectivamente.

As Ensinanzas Deportivas de grao medio organízanse en dous ciclos: ciclo inicial e ciclo final, teñen unha duración mínima de 1000h, das cales, polo menos, 400 h pertenceran ao ciclo inicial.

As Ensinanzas Deportivas de grao superior organízanse nun único ciclo de grao superior, cunha duración mínima de 750h.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

Para a obtención do título será preciso ter superada a proba de acceso e aprobar todos os módulos do grao formativo.

NORMATIVA

Validacións

Para solicitar unha validación débese cubrir o modelo ED317A que tes a continuación e envialo por correo electrónico a secretaria.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal firmado electrónicamente. Se non dispós de firma electrónica deberás achegarte presencialmente a secretaría do centro, e entregalo en persoa.

Información e matrícula na FCT

Para facer as prácticas, formación en centros de traballo, debes matricularte unha vez tes todos os módulos do ciclo aprobados.

Certificados e títulos

Neste apartado atoparás a lexislación vixente referente a permisos, licenzas e vacacións do persoal docente. Ademáis tamén poderás descargar os anexos correspondentes para facer a petición que precises. Estes impresos deberán ser entregados en xefatura de estudos.

SOLICITUDE DE EXPEDICIÓN DE TÍTULO
 
As persoas que rematen os seus estudos de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior no CIFP FONTECARMOA, deberán:
 
1. Pagar as taxas pola expedición de títulos oficiais na oficina virtual ovt.atriga.gal (picar no botón “Procedemento Pago Taxas”)
 

Taxa para Ciclos Medios durante o ano 2023:               22,07 € (FªNª1ª 11,06€) (FªNª2ª 0€)

Taxa para Ciclos Superiores durante o ano 2023:        54,00 € (FªNª1ª 27,03€) (FªNª2ª 0€)

Taxa para Técnico Deportivo Medio durante o ano 2023:        22,51 € (FªNª1ª 11,27€) (FªNª2ª 0€)

Taxa para Técnico Deportivo Superior durante o ano 2023:        55,07 € (FªNª1ª 27,58€) (FªNª2ª 0€)

2. Unha vez pagada a taxa correspondente, deberase achegar o xustificante MODELO 730 (pdf) e unha copia do DNI ao seguinte correo electrónico: secretaria.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal co seguinte asunto: “Pago de taxas” –  indicando o nome da persoa interesada e o DNI.

3. De precisar unha Certificación Académica, deberase solicitar no mesmo correo electrónico. A certificación será expedida no prazo de 48 horas hábiles (non sábados-domingos-festivos).

SOLICITUDE DE EXPEDICIÓN DE TÍTULO

Podes solicitar os seguintes documentos seguindo o procedemento indicado:

  • Certificado de matrícula.
  • Certificación académica de notas.
  • CELGA 3 (ESO – FPI)
  • CELGA 4 (FP2 – Bacharelato)
  • Outros