Centro
No noso centro poderás atopar unha ampla oferta formativa dentro das 8 familias profesionais que impartimos e tamén das ensinanzas deportivas de Baloncesto e Vela.
Ademais, o noso horario desde as 8:30 ata as 22:00, permite a existencia de distintos perfis de alumnado, desde xente nova que procede directamente da ESO ou de bacharelato e continúa a súa formación nun horario ordinario, ata persoas que por cuestións laborais ou de conciliación familiar prefire un horario vespertino. Cada ano un número maior de alumnos fan estadías no estranxeiro a través de becas Erasmus, o centro participa cada vez en máis proxectos internacionais. A oferta da FP Dual é en cada curso máis ampla. E tamén ofertamos ciclos de formación profesional na modalidade a distancia. En definitiva, procuramos como centro integrado de formación profesional dar resposta ás necesidades formativas de estudantes e tamén de traballadores.
Os cambios que se producen na nosa sociedade tamén se reflicten no noso centro. No CIFP Fontecarmoa conviven hoxe distintas nacionalidades e traballamos pola integración e pola igualdade de oportunidades. Un gran número de obxectivos que nos marcamos en cada curso están relacionados con promover accións formativas relacionadas coa integración, a igualdade, a mellora daconvivencia e a inclusión dos colectivos máis desfavorecidos.
En definitiva, queremos darche a benvida a este centro no que esperamos que poidas acadar a formación que buscas e que te conduza nas mellores condicións a un mercado laboral cada día máis esixente.
Jesús de Andrés vázquez
Director do CIFP Fontecarmoa
Equipo Directivo
Jesús de Andrés Vázquez
Director
Representante oicial da administración. Responsable da dirección e coordinación para lograr a excelencia e a calidade do CIFP Fontecarmoa, a través dos órganos de goberno que constitúen o equipo directivo e docente.
Manuel Javier Álvarez Seoane
Vicedirector
Responsable da Área de Calidade, Innovación e Orientación Profesional, con responsabilidade na xestión da calidade, na innovación educativa e tecnolóxica e na formación do profesorado
Maria del Rocío Meijueiro Rodríguez
Xefa de estudos
Responsable da Área de formación, con responsabilidade na organización e na xestión das actividades formativas e do persoal docente do centro.
Juan Carlos Muñiz Abuín
Secretario
Responsable da Área de Administración Xestión con responsabilidade na administración e na xestión económica, administrativa, de material, de prevención de riscos laborais e de persoal non docente do centro.
Organigrama
Planos
Planos Edificio 1 (A): ( Sanidade, Serv. socioculturais, Acondicionamento físico e Comercio e márketing )
Planos Edificio 2 (B): ( Electricidade e electrónica e Industrias alimentarias)
Planos Edificio 3 (C): ( Automoción e Instalacións e mantemento)
Planos Edificio 4 (D): ( Electricidade e electrónica)
Planos Edificio 5 (E): ( Ensinanzas deportivas e Acondicionamento físico)
Áreas
Os centros integrados de formación profesional teñen unha estructura interna distribuída en tres áreas funcionais, para afrontar os fins e as funcións que lle son propias: mellorar as relacións coa comunidade e co ámbito produtivo e fomentar as relacións e o intercambio de experiencias entre os centros integrados. Tamén dentro das áreas funcionais están os órganos de coordinación, departamentos que completan o organigrama funcional do Centro.
- Na área de calidade, innovación e orientación profesional, o departamento de información e orientación profesional, o de calidade e innovación, o de relación con empresas e o de acreditación e probas.
- Na área de formación, os departamentos de familias profesionais, o de formación e orientación laboral, o equipo de dinamización dalingua galega, a coordinación da biblioteca e o departamento de dinamización de idiomas.
- Na área de administración e xestión, a comisión de seguridade e saúde laboral.
Área de calidade, innovación e orientación profesional
Manuel Javier Álvarez Seoane
Vicedirector
Área de formación
María del Rocío Meijueiro Rodríguez
Xefa de estudos
Área de administración e xestión
Juan Carlos Muñiz Abuín
Secretario
Departamentos de familias profesionais
Outros departamentos
Outras coordinacións
Dinamización da lingua galega
Luís Cividanes González
luis.cividanes@edu.xunta.gal
(+34) 612 151 956
Coordinación de Innovación e formación
Isabel Ramallal Rodríguez
mramallal@edu.xunta.gal
(+34) 612 151 956
Coordinación de emprendemento
Paula Boo Pardavila
paula.boo@edu.xunta.gal
(+34) 612 151 956
Coordinación das TICS
Ángel Araujo Iglesias
joseangel.araujo@edu.xunta.gal
(+34) 612 151 956
Certificado de calidade
O noso Centro estará certificado en calidade pola empresa AENOR segundo a norma ISO 9001-2015, amparado polo Certificado ER-0412/2014 cuxo titular é XUNTA DE GALICIA REDE DE CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.
Para a impartición de formación profesional inicial, de grao medio e de grao superior nas familias profesionais de electricidade e electrónica, instalacións e mantemento, industrias alimentarias, comercio e márketing, transporte e mantemento de vehículos, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade e actividades físicas e deportivas. Ademais tamén dispoñemos de ensinanzas de réxime especial,como son os graos medios das ensinanzas deportivas de baloncesto e vela.
E para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Historia
1975
O CIFP Fontecarmoa (actual denominación) nace como sección delegada de formación profesional do instituto Calvo Sotelo no ano 1.975 (actual IES Castro Alobre), pasando a ocupar as actuais instalacións no ano 1.978
Neste ano constitúese como Instituto de Formación Profesional con seis especialidades: Metal, Automoción, Electricidade, Electrónica, Administrativo e Secretariado. Anos despois, estas dúas últimas especialidades pasarían a impartirse no novo instituto Armando Cotarelo Valledor.
1990
A partir da reforma do sistema educativo do ano 1990, co desenvolvemento da LOXSE, implántase no instituto a etapa de ESO e de BACHARELATO,
nas modalidade de “Ciencias Naturais e da Saude” e “Tecnolóxía” e a nova formación profesional cos ciclos formativos medios e superiores das ramas de “Instalacións e Mantemento”, “Transporte e mantemento de vehículos” e “Electricidade e electrónica”.
2008
No curso 2008/09 autorízanse as Ensinanzas Deportivas do Ciclo Medio e superior de Baloncesto e modifícase, debido a aprobación da LOE, a oferta educativa do bacharelato, impartíndose as modalidades de “Ciencias e Tecnoloxía” e “Humanidades e Ciencias Sociais”.
2022
O centro convírtese en centro integrado de formación profesional impartindo ciclos de 8 familias profesionais diferentes e mantendo as ensinanzas deportivas. A partir deste intre pasa a denominarse CIFP Fontecarmoa
Premios e Programas
CURSO 2023-2024
- Aulas de emprendemento na FP
- Eduemprende Actúa
- Atrévete
- Edutecemprende
- Eduemprende Medios de pagamento
- Preparados para o salto
- Eduemprende Seguramente