Alumnado

Image

Nesta sección todo o noso alumnado terá dispoñible a información que pode ser do seu interese. Dende o calendario escolar, horario, documentos con información do funcionamento de Centro, como o NOF (Normas de Organización e Funcionamento do Centro), a guía do alumnado, e a guía de delegados,o proceso para poder acceder a nosa aula virtual, e outros aspectos.

Calendario escolar

O comezo das clases durante o curso 2025-2026 será o 8 de setembro, e remataremos o 19 de xuño de 2023.

Os días NON LECTIVOS  propios do centro son : o 20 de marzo  e o 22 de maio.

No seguinte enlace podes ver os días festivos que teremos durante o próximo curso.

Horarios

Image
Image

Plano

ImageImage

Documentos do centro

Se es alumno do noso Centro, esta información é para ti, agardamos que a leas para poder entendernos e para que nos coñezas mellor. Tamén che contamos o que tes que facer para poder acceder aos materiais online se vas traballar nalgún módulo na aula virtual.

Guía do alumnado Curso 2025-2026

Guía de delegados

Plans do centro

A continuación poderás consultar todos os documentos de centro, simplemente debes premer no seguinte enlace.

Instruccións aula virtual (AV)

Aquí poderás consultar as instruccións para acceder á Aula Virtual, cómo conseguir as túas credenciais e qué facer no caso de que as esquezas.

Para a formación semipresencial ou a distancia empregase outra plataforma, á cal podes acceder no seguinte link “FP a Distancia

Biblioteca

coordinadora da biblioteca

Karen Pena Caramés
biblioteca.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal

Image

A biblioteca é un lugar de estudio, lectura e traballo onde se deberán manter as normas de comportamento axeitadas. O mobiliario non se pode mover, débese respectar a distribución establecida. Recorda empregar as papeleiras e cumprir as normas de limpeza axeitadas.

Neste espazo tes ordenadores que podes usar para facer os teus traballos, teñen instalados moitos dos programas que se empregan nas clases. Se detectas que tes algunha necesidade de traballar con un programa que non está instalado coméntallo ao xefe de estudos que fará todo o posible por poñer a túa disposición as ferramentas que precisas.

Novas da Biblioteca

Featured image for “Taller de escritora”
Xan. 28, 2025

Taller de escritora

Dende o equipo de dinamización lingüística e o da biblioteca presentamos o primeiro taller de escritura. A invitada é a escritora galega Imma López Silva. Dito taller terá lugar na biblioteca do CIFP Fontecarmoa o próximo día mércores 19 de Febreiro no horario de 10:30 a 12:00. Para apuntarte debes mandar un email cos teus datos a seguinte dirección de
Featured image for “Concurso Día das Letras Galegas”
Nov. 27, 2024

Concurso Día das Letras Galegas

Para participar nesta nova convocatoria do Concurso Literario do Día das Letras Galegas no CIFP Fontecarmoa entra no Blog da biblioteca ou na páxina web do centro e apúntate ata o 31 de decembro 2024. Escribe o teu relato e envíao a participa@cifpfontecarmoa.net ata o 22 de abril 2025 en lingua galega. Fai referencia a túa experiencia real ou ficticia
Featured image for “Samaín 2024”
Out. 22, 2024

Samaín 2024

Este mércores 30 de outubro, de 12h a 13h, celebramos o noso concurso de disfraces! 🎉 Participa coa túa clase (mínimo o 50%) ou de forma individual e compite polos seguintes premios:– Alumnado individual: Vale de 20€ en material escolar.– Alumnado grupal, Alumnado grupal con profesorado, profesorado individual e profesorado grupal: Merenda na cafetería do centro. 🧛‍♀️ Criterios de puntuación:–
Featured image for “O actor Federico Pérez achegouse ao CIFP Fontecarmoa para parolar cos alumnos sobre a súa traxectoria e a vida”
Mar. 14, 2024

O actor Federico Pérez achegouse ao CIFP Fontecarmoa para parolar cos alumnos sobre a súa traxectoria e a vida

A biblioteca acolleu esta actividade organizada dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega Vilagarcía. 5 de marzo de 2024. O Centro Integrado de Formación Profesional Fontecarmoa de Vilagarcía recibiu a visita do actor Federico Pérez quen, xunto aos alumnos, foi o protagonista dunha actividade organizada dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro. Durante unha hora, na
Featured image for “I Concurso de Rap”
Nov. 22, 2023

I Concurso de Rap

A Coordinación da biblioteca organiza o I Concurso de Rap contra a violencia de xénero. As propostas deberán ser entregar antes do 1 de decembro e a final terá lugar o 21 de decembro. Anímate e participa!! Consultar bases do concurso.

Skills

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte organiza e promove competicións de destrezas (skills) da Formación Profesional, estimulando a estudantes, profesorado e empresas.

Servizos

O centro dispón dunha rede wifi "edu.xunta.gal" para poder acceder a ela consulta co equipo TIC

A cafetería é o noso espazo máis dinámico, aquí atoparás a Merche que te atenderá do mellor xeito posible.
O horario da cafetería é de 8:30 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Dentro do noso recinto hai un espazo para o aparcadoiro de coches de profesorado. Na contorna existen moitas alternativas de aparcamento para o alumnado.

O centro dispón dunha estación de carga para patíns eléctricos. Pregunta en conserxería para poder empregalo

Orientación profesional

Orientadora

Laura Rodríguez Díaz
orientacion.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal

O departamento de información e orientación profesional ten os seguintes ámbitos de intervención:

  • Orientación académica sobre os itinerarios formativos, deseñando unha programación secuenciada e adaptada ás necesidades dos tramos de idade correspondentes a cada etapa educativa ou de formación.

  • Información e/ou asesoramento: tanto á comunidade educativa como ao público en xeral.

  • Inserción laboral e bolsa de emprego en coordinación co responsable da FCT.

  • Acreditación de competencias profesionais: asesoramento e apoio técnico.

  • Atención á diversidade. Concretado no Plan Xeral de Atención á Diversidade.

  • Coordinacións con organismos e entidades para a prestación de servizos de orientación profesional.

  • Emprendemento: fomentando a cultura emprendedora a través de diferentes actividades.

  • Formación de profesionais da orientación profesional: promovendo a actualización constante dos membros do departamento.

Novas de orientación para ó alumnado

Featured image for “Becas 2026-2027”
Mar. 26, 2026

Becas 2026-2027

Convócanse as bolsas para estudantes que no curso académico 2026-2027 cursen cursos postobrigatorios en todo o territorio nacional.Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico, e que vaian a cursar os ensinos postobrigatorios.O prazo para presentar a solicitude de bolsa, tanto para os
Featured image for “Probas de acceso a CM e CS”
Mar. 11, 2026

Probas de acceso a CM e CS

Vense de Publicar no DOG a convocatoria 2026 das probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional. A súa inscrición abrangue do 16 ao 26 de marzo, a través da solicitude na aplicación Ciclos Probas da Xunta de Galicia www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do  A proba para o CM será  o 29 de abril, e para presentarse será necesario non cumprir os requisitos académicos;
Featured image for “Bacharelato para maiores de 20 anos”
Feb. 11, 2026

Bacharelato para maiores de 20 anos

Publicación do DOG da convocatoria da proba para a obtención do título de Bacharel  para maiores de vinte anos do ano 2026.Prazo de presentación de solicitude de inscrición na proba será do 26 de febreiro ao 11 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.+info: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49004
Featured image for “PAU 2025”
Mai. 15, 2025

PAU 2025

Se tes rematado un Ciclo Superior ou estás pendente de rematar o módulo de FCT e queres acceder á Universidade a través das probas de acceso, recorda que o prazo para realizar a MATRÍCULA ANTICIPADA remata o 19 de maio.A convocatoria extraordinaria abrangue do 12 ao 16 de xuño. A matrícula anticipada realízase a través da aplicación informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta) É
Featured image for “Becas MEC 2024-25”
Mar. 26, 2025

Becas MEC 2024-25

Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2025-2026 cursen ensinos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional.Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e que vaian a  cursar algúns dos seguintes ensinos. O prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non

Formación en centros de traballo (FCT)

Xefe Dpto Relación con empresas

Pablo Villaronga Paz
fct.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal

Desde o departamento de relación  con empresas levamos a cabo unha dobre función, por unha banda coordinamos a parte administrativa do módulo de prácticas nas empresas e por outra xestionamos a bolsa de emprego do CIFP Fontecarmoa que permite poñer en contacto ás empresas co alumnado que cursou Formación Profesional no noso centro educativo.
 
O antigo alumnado poderá inscribirse na bolsa de emprego subindo o seu currículo no formulario correspondente. Calquera empresa interesada en ofertar prazas para a realización de prácticas pode poñerse en contacto connosco e solicitar alumnado en prácticas. As empresas que necesiten persoal poden comunicarnos as súas ofertas de emprego a través dos datos de contacto.

Novas da FCT para ó alumnado

Ofertas de traballo

Nesta sección o alumnado de CIFP Fontecarmoa poderá apuntarse á nosa bolsa de emprego para poder ter acceso as ofertas que publiquen as empresas colaboradoras. Os alumnos do noso centro poderán solicitar o seu rexistro, o cal será validado polo noso persoal.

Por outro lado as empresas que desexen colaborar poderán solicitarnos tamén un acceso para que poidan subir as súas ofertas e acceder os perfiles dos alumnos segundo as súas necesidades.

Se xa te rexistraches, accede introducindo o teu usuario (o email) e o contrasinal. Se non te acordas dos teus datos preme en ¿Non lembras o teu contrasinal?.

Así mesmo podes modificar / cancelar a suscripción a través do correo: bolsaemprego.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal

Image
Image

Buzón de suxestións e queixas

Sistema de Xestión de Calidade (SXC)

Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Fontecarmoa poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:

SUXESTIÓN: idea que se lle aporta á dirección do CIFP Fontecarmoa con ánimo construtivo para a súa mellora.

QUEIXA: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP Fontecarmoa non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (sistema de xestión de calidade) ou legais.

Para presentar as súas suxestións ou queixas pode facelo a través deste formulario on line.

A súa opinión é importante.

Grazas por axudarnos a mellorar!

Reclamación as cualificacións

O procedemento de reclamación ás cualificacións finais rexerase polo establecido no Art. 45 da Orde de 12 de Xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas da formación profesional inicial.
 
A solicitude de reclamación debe ser presentada no modelo oficial (ver ficheiro adxunto) e de xeito presencial no centro, dentro do prazo establecido legalmente (dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en que se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.  )
 

Este proceso debe estar rematado nun prazo máximo de cinco días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.

Para o alumnado de distancia, o documento poderá remitirse de xeito telemático ao correo: cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal
 
Xunto coa solicitude de reclamación no modelo oficial, deberá achegarse copia do DNI e será presentado, igualmente, dentro do prazo establecido legalmente.
 
O modelo de reclamación ás cualificacións finais estará a disposición do alumnado na administración do centro e no seguinte enlace: