Vense de Publicar no DOG a convocatoria 2026 das probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional.
A súa inscrición abrangue do 16 ao 26 de marzo, a través da solicitude na aplicación Ciclos Probas da Xunta de Galicia
www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do
A proba para o CM será o 29 de abril, e para presentarse será necesario non cumprir os requisitos académicos; é dicir, non posuír o título da ESO, FP Básica ou outra titulación equivalente e ter cumpridos os 17 ou facelos no ano natural.
A proba para os CS será o 21 de maio, e para presentarse será necesario, ademais de non cumprir os requisitos académicos; é dicir, non ter o título de bacharelato, Ciclo medio ou equivalente e ter cumpridos os 19 ou facelos no ano natural.
Máis info nos seguintes links:
https://cifpfontecarmoa.es/wp-content/uploads/2026/03/Informacion-probas-de-acceso_GM_2026.pdf
https://cifpfontecarmoa.es/wp-content/uploads/2026/03/Informacion-probas-de-acceso_GS_2026.pdf


Acceso docentes