FP Dual

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Image

Dinamización da relación con empresas na FP

Rita Rodríguez Silva
dinamizacionfp.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal
(+34) 886 151 956

FP Dual no CIFP Fontecarmoa

No CIFP Fontecarmoa poderás cursar a modalidade de FP DUAL en diversos ciclos de distintas familiar profesionais. Neste curso académico dispoñemos das formacións na FP Dual correspondentes ao CM de Instalacións eléctricas e automáticas da familia profesional de Electricidade e electrónica e o CS de Mecatrónica industrial da familia profesional de Instalcións e mantemento

CM Instalacións eléctricas e automáticas

Image

As persoas que obteñen este título poderan exercer a súa actividade en pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.

Información sobre a oferta formativa

FP Dual ZD2ELE000100  de Instalacións eléctricas e automáticas

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Empresas colaboradoras

Image

CS de Mecatrónica industrial

Image

As persoas con este perfil desenvolveran o seu traballo en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

Información sobre a oferta formativa

FP Dual ZD3IMA000300 de Mecatrónica industrial

Consultar currículo
Táboa horaria
Programacións

Empresas colaboradoras

Image

Novas da FP Dual