Quen pode participar nos programas internacionais promovidos polo CIFP Fontecarmoa?
Calquera dos diversos membros da comunidade docente do CIFP Fontecarmoa, alumnado e/ou profesorado de todos os niveis educativos. A persoa que che poderá explicar as opcións existentes nese momento será o coordinador de programas internacionais.
En que tipo de proxectos se pode participar?
O tipo de proxecto é de mobilidade. No caso dos proxectos de mobilidade, o máis popular no CIFP Fontecamoa son as prácticas en empresa por parte de alumnos e profesores.
Que opcións hai dentro dos proxectos de mobilidade?
As opcións cambian en función de que esteamos a falar de alumnado ou profesorado. O alumnado, polo xeral, realiza integramente o módulo de FCT (Formación en Centros de Traballo) ou ben fan prácticas en empresa unha vez rematan o ciclo (recén titulados).
A maiores existe outra opción, se ben, ata o momento, aínda non houbo alumnado interesado. Estamos a falar das mobilidades de estudios que permiten cursar parte dos módulos profesionais no estranxeiro.
O profesorado pode realizar prácticas en empresa, facer estadías en centros educativos, asistir a cursos de formación ou impartir docencia.
Que significa recén titulado?
Todo alumnado de Formación Profesional que remate un ciclo formativo será considerado como recén titulado sempre que non pase 1 ano a partir da data da avaliación final do seu ciclo. Isto dalle a oportunidade de facer prácticas en empresa nalgún dos proxectos Erasmus +
Son todos os proxectos de mobilidade Erasmus+ iguais?
Non. No caso do CIFP Fontecarmoa, nós xestionamos proxectos de grao medio e grado superior. O alumnado ou profesorado que estean asociados a ciclos de grao medio só poden optar a proxectos Erasmus+ desta categoría. O mesmo aplica ós ciclos de grao superior.
Eu son alumno e quero facer unhas prácticas no estranxeiro. Que teño que facer?
Todos os anos ábrense convocatorias de prazas Erasmus+ para o alumnado interesado en facer prácticas de empresa no estranxeiro. Polo xeral, estas son nos meses de novembro e maio. Tes que estar atento á información publicada na web do centro e no taboleiro de anuncios de programas internacionais. De todos os xeitos, sempre se fan unhas xornadas informativas ás que se invita a todos os alumnos de 2º curso de réxime ordinario e modular, nas que se vos explica todo isto. Esta información faise chegar aos vosos titores, polo tanto, eles tamén están informados e poden axudarvos.
Cales son os requisitos para participar?
Debes ser alumna/o de 2º curso ou recén titulados do CIFP Fontecarmoa.
É importante o expediente académico?
O teu expendiente é parte do baremo que se emprega para seleccionar ós alumnos Erasmus+. Obviamente, canto mellor sea, máis posibilidades terás de conseguir unha praza.
Cal é a duración das prácticas no estranxeiro?
No caso da FCT, deberás cursar íntegramente as práticas fóra.
No caso de recién titulados, o periodo minimo será de 2’5 meses sendo posible aumentar a duración da estadía. De tódolos xeitos, neste caso o ideal é poñerse en contacto co coordinador de programas internacionais canto antes.
Cando se poden facer as prácticas no estranxeiro?
Tes dúas opción: facer a FCT ou facer unhas prácticas como recén titulado.
No caso da FCT, os periodos habilitados para facer a FCT son os comprendidos entre abril e xuño, setembro e decembro ou xaneiro e marzo.
Non esquezas que para poder facer a FCT no estranxeiro, teñas ou non beca Erasmus+, é obrigatorio estar matriculado. Hai prazos moi estrictos respecto a isto. Podes obter máis información na secretaría do centro.
No caso das prácticas como recén titulado podes facelas dentro dos 12 meses posteriores á data da avaliación final onde remataches o ciclo, sempre e cando as remates antes desa data.
Neste caso non hai periodos establecidos para marchar. Iso si: debes poñerte dacordo co CIFP Fontecarmoa na planificación desta mobilidade.
Que teño que presentar para optar a unha beca Erasmus+?
Antes da data de finalización da convocatoria de prazas aberta debes entregar o formulario de inscrición. Este formulario atoparalo no apartado de documentación da sección de internacional.
Cando podo solicitalas?
Cando estea aberta algunha das convocatorias de prazas Erasmus+.
No caso dos alumnado que queira realizar prácticas en empresa como recén titulados, recomendámosvos que vos poñades en contacto co coordinador de programas internacionais o antes posible, aínda que non haxa unha convocatoria aberta nese momento, e sempre antes da vosa avaliación final de ciclo.
Cando se coñece o resultado?
Aproximadamente, 4 semanas máis tarde da data de finalización de solicitudes o resultado é publicado no taboleiro de programas internacionais do centro. Tamén se informa do mesmo a través do email ós interesados.
Hai que entregar máis documentación unha vez fun seleccionado para unha beca Erasmus+?
A todo o alumnado seleccionado pídesevos a realización dun Currículum Vitae (CV) segundo formato Europass escrito na lingua do país de acollida ou, no seu defecto, en inglés. En ocasións tamén se solicita unha carta de presentación, tamén seguindo este mesmo formato.
A información relativa ó formato Europaas atoparédela no apartado de documentación da sección de internacional.
Cando se fan os pagos?
Dependendo do tipo de beca, Erasmus+ ou FCT da Consellería, os pagos da beca son diferentes.
No caso das becas Erasmus+, recibirás entre o 80-90% da súa beca antes de comezar a mobilidade ou, como moi tarde, nas primeiras semanas da túa mobilidade. O resto da beca recibirala cando remates as prácticas, entregues toda a documentación e se pechen todos os trámites asociados á túa mobilidade.
Como se busca a empresa de prácticas?
Podes decidir como se organiza esta procura. Existen 3 opcións:
- O alumno proporciona a empresa.
- O CIFP Fontecarmoa proporciona a empresa.
- Unha empresa intermediaria (de pago) proporciona a empresa.
Debes ter en conta que, no caso de que optes pola empresa intermediaria, ti vas pagar o custo dos seus servizos. Nos outros dous casos non se debe pagar nada pola procura da empresa
Como é a cobertura sanitaria no estranxeiro?
Todos os alumnos con beca Erasmus+ deben levar a tarxeta sanitaria europea. Esta tarxeta permite que, no caso de que teñas algún problema médico, poidas acceder ao mesmo tipo de asistencia sanitaria en hospitais e ambulatorios públicos que calquera dos habitantes dese país.
En caso de non dispoñer dela, deberás contratar un seguro médico válido no país de destino que che cubra a atención sanitaria.
Teño que facer algún trámite unha vez remate as miñas prácticas?
Unha vez remates, vas ter que facer unha enquisa Erasmus+ e un exame de nivel de idioma a través da plataforma OLS. Ámbalas dúas son obrigatorias e teñen un prazo limitado para facelo.
É moi importante que as fagas en tempo e que, non caso de que non recibas os correos de invitación, nos avises para solucionar o problema. Ten en conta que son requisitos obrigatorios establecidos pola axencia nacional española, SEPIE. Se non as fas, vas ter que devolver a túa beca Erasmus+.
A enquisa Erasmus+ é unha serie de preguntas nas que che van preguntar sobre todos os aspectos da túa mobilidade.
O exame de nivel de lingua non é máis que unha proba para ver se melloraches ou non logo de estar no estranxeiro facendo as prácticas. O resultado final non importa.
Teño que facer algún traballo sobre as miñas prácticas?
A todos os que facedes unhas prácticas Erasmus+ pídesevos un traballo (presentación ppt, artigo, vídeo, etc.) no que presentedes a vosa experiencia no estranxeiro aos vosos compañeiros. Este traballo será usado polo CIFP Fontecarmoa para explicar a futuros becarios Erasmus+ en que consiste unha experiencia como a vosa.
Este traballo é obrigatorio e, no caso de non facelo, compromete o pago do prazo final das becas Erasmus+.
Cal é a dinámica a seguir?
En xeral, a dinámica a seguir no caso das becas Erasmus + para profesorado é moi semellantes ás de alumnado. As diferencias máis salientables radican no importe da beca e na organización da mobilidade.
Neste caso, os participantes das mobilidades son adultos que poden implicarse activamente na xestión da súa mobilidade.
Con todo, o CIFP Fontecarmoa está á súa disposición para axudarlles na procura dunha opción formativa que sexa da súa interese por medio dos nosos socios.
As cuestións relativas á burocracia, prazos de pago das becas, seguro e enquisas unha vez finalizada a mobilidade son semellantes. De tódolos xeitos, calquera dúbida que se teñan ó respecto, poden consultarse ao coordinador de programas internacionais a través do seu email.
Son docente do CIFP Fontecarmoa e quero realizar unha mobilidade Erasmus+. Que teño que facer?
Debes poñerte en contacto co coordinador de programas internacionais para que che explique as opcións de mobilidades existentes e as perspectivas de novas convocatorias de prazas no centro.
Cales son os requisitos para participar?
Tes que ser membro en activo da plantilla docente do CIFP Fontecarmoa no curso académico no que se executa a mobilidade.
Se ben dende o centro se priorizan as mobilidades do profesorado con destino denitivo, pois así os resultados da mobilidade reverten directamente no CIFP Fontecarmoa, tamén están abertas estas convocatorias a profesores con destino temporal.
Cal é a duración das prácticas no estranxeiro?
Isto vai depender da actividade a desenvolver pero, polo xeral, estamos a falar de mobilidades de 1 semana. De tódolos xeitos, o mellor é comentalo co coordinador de programas internacionais.
Cando se poden facer as prácticas no estranxeiro?
As prácticas poden facerse en calquera momento, sempre e cando sexan compatibles coas necesidades do CIFP Fontecarmoa.
O periodo da mobilidade debe acordarse coa dirección do centro a fin de obter o seu visto bo. Sempre se procura que o impacto nas clases sexa o mínimo posible.
Que teño que presentar para optar a unha beca Erasmus+?
O primeiro paso é o envío dun correo electrónico ó enderezo de programas internacionais amosando o teu interese, se ben, tamén é posible unha comunicación verbal directa co coordinador nos prazos establecidos en cada unha das convocatorias de prazas.
Posteriormente, deberás entregar a documentación xustificativa dos teus méritos para que se proceda á súa valoración dacordo ó baremo de selección.
Cando podo solicitalas?
Cando o CIFP Fontecarmoa, a través da coordinación de programas internacionais, abra o prazo de presentación de solicitudes de mobilidades de profesorado nalgún dos proxectos Erasmus+ que xestiona.
Cando se fan os pagos?
O profesor que vaia realizar unha mobilidade Erasmus+ percibirá entre o 70-90% da súa bolsa antes de comezar a mobilidade. O resto da beca recibirase cando finalice a súa estadía, entregue toda a documentación e se pechen todos os trámites asociados á súa mobilidade.
No caso das becas Erasmus+, recibirás entre o 80-90% da súa beca antes de comezar a mobilidade ou, como moi tarde, nas primeiras semanas da túa mobilidade. O resto da beca recibirala cando remates as prácticas, entregues toda a documentación e se pechen todos os trámites asociados á túa mobilidade.
Como se busca a entidade de acollida: centro educativo, empresa, curso de formación, etc.?
No caso das mobilidades de profesorado do CIFP Fontecarmoa espérase unha implicación por parte de cada un dos participantes na procura da opción de mobilidade máis interesante para eles. O coordinador de programas internacionais colaborará con eles nesta tarefa.
Unha primeira opción son os socios empregados polo CIFP Fontecarmoa na organización das mobilidades dos seus alumnos, porén, esta non é a única opción.
Como é a cobertura sanitaria no estranxeiro?
Todos os participantes en mobilidades Erasmus+ deben levar a tarxeta sanitaria europea. Esta tarxeta permite que, no caso de que darse unha incidencia médica nun país da UE, se poida acceder ao mesmo tipo de asistencia sanitaria en hospitais e ambulatorios públicos que calquera dos habitantes dese país.
En caso de non dispoñer dela, deberás contratar un seguro médico válido no país de destino que che cubra a atención sanitaria.
Teño que facer algún trámite unha vez remate as miñas prácticas?
Unha vez de volta, é obrigatorio a cumprimentación dunha enquisa Erasmus + con preguntas sobre todos os aspectos relacionados coa mobilidade. Esta enquisa ten un prazo limitado de tempo para ser realizada.
É moi importante que se cumprimente en tempo e que, non caso de non se reciba o correo de invitación, se informe o antes posible ó coordinador de programas internacionais.
A obrigatoriedade de realización desta enquisa foi establecida pola axencia nacional española, SEPIE. De non cumprirse, pode supoñer da devolución da beca Erasmus+.
Teño que facer algún traballo sobre as miñas prácticas?
A todos os participantes nas mobilidades Erasmus+ pídesevos unha contribución na sección de Programas Internacionais na web do CIFP Fontecarmoa para difundir a vosa experiencia entre a comunidade educativa.
É interesante que se documente gráficamente a mobilidade para así facer máis ilustrativa esta contribución.