Profesorado

Nesta sección atoparás toda a información que pensamos que pode ser útil para o profesorado do Centro, como o calendario escolar, ou documentos oficiais propios, de calidade ou da FCT. Tamén podes atopar información de cómo proceder para crear un curso na aula virtual, ou temas formais relacionados coas validacións que sempre xeran confusións. O profesorado de nova incorporación poderá acceder á guía correspondente, que responde ao proceso de acollemento. Ademais atoparedes un apartado de ligazóns que poden ser de interese e utilidade nalgún momento. E xa por último, o apartado de permisos coa lexislación vixente correspondente.
Calendario escolar
O comezo das clases durante o curso 2024-2025 será o 11 de setembro, e remataremos o 20 de xuño de 2025.
Os días NON LECTIVOS propios do centro son : o 23 de maio .
No seguinte enlace podes ver os días festivos que teremos durante o próximo curso.
Convivencia
A creación da aula de Convivencia xorde como unha necesidade de dar resposta á atención educativa que require a diversidade do alumnado dos centros. Exponse como unha medida para tentar mellorar as condutas e actitudes daqueles estudantes que presentan dificultades na convivencia e, con iso, mellorar o clima de convivencia do grupo-clase e do centro no seu conxunto
CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA
Neste enlace terás acceso ao “Parte de incidencias” pertencente ao procedemento corrector do documento “Condutas contrarias ás normas de convivencia” do CIFP Fontecarmoa (Lei 4/2011 – Decreto 8/2005).
Documentos do centro
Documentos Públicos
PLANS
Documentos de Calidade
O coordinador do Departamento de Calidade do CIFP Fontecarmoa é , Carlota Barrera Toba se tes algunha dúbida podes contactar con el no seguinte enderezo: xescal.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal
DATA AUDITORÍA INTERNA:
DATA AUDITORÍA EXTERNA:
Aula virtual (AV)
O profesorado que desexe abrir un curso na aula virtual do CIFP Fontecarmoa, ou desexe recibir información de como montala, ou simplemente ten curiosidade polo tema, pode enviar un correo á persoa responsable da área a través do enderezo tic.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal solicitando a información que precise.
O alumnado pode atopar as instrucións de cómo matricularse nos cursos da aula virtual na web do Centro: enlace_directo.
Profesorado de nova incorporación
O profesorado de nova incorporación deberá achegarse ao Centro para incorporarse ao seu novo posto de traballo. Nesta primeira visita, dentro do compromiso do noso CIFP coa calidade, deberá recibir un documento coñecido coma “Guía do profesorado de nova incorporación”, de tal xeito que tras a súa lectura se teña información precisa sobre os aspectos xerais do funcionamento do CIFP Fontecarmoa.
Para manter o noso compromiso co medioambiente esta guía está dispoñible, neste bloque, en formato dixital.
Ligazóns
Formación en centros de traballo (FCT)
Xefe Dpto Relación con empresas
Pablo Villaronga Paz
fct.cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal
Permisos do profesorado
Neste apartado atoparás a lexislación vixente referente a permisos, licenzas e vacacións do persoal docente. Ademáis tamén poderás descargar os anexos correspondentes para facer a petición que precises. Estes impresos deberán ser entregados á xefatura de estudos a través do aplicativo "Permisos" na sección de "Aceso docentes".
Outros documentos de interese
Neste apartado atoparás outros documentos que che poden facilitar a túa labor docente


Acceso docentes
