Alumnado

Image

Nesta sección todo o noso alumnado terá dispoñible a información que pode ser do seu interese. Dende o calendario escolar, horario, documentos con información do funcionamento de Centro, como o NOF (Normas de Organización e Funcionamento do Centro), a guía do alumnado, e a guía de delegados,o proceso para poder acceder a nosa aula virtual, e outros aspectos.

Calendario escolar

O comezo das clases durante o curso 2022-2023 será o 12 de setembro, e remataremos o 21 de xuño de 2023.

Os días NON LECTIVOS  propios do centro son : o 5 de decembro  e o 22 de maio.

No seguinte enlace podes ver os días festivos que teremos durante o próximo curso.

Horarios

Image
Image

Plano

ImageImage

Documentos do centro

Se es alumno do noso Centro, esta información é para ti, agardamos que a leas para poder entendernos e para que nos coñezas mellor. Tamén che contamos o que tes que facer para poder acceder aos materiais online se vas traballar nalgún módulo na aula virtual.

Guía do alumnado Curso 2023-2024

Guía de delegados

Plans do centro

A continuación poderás consultar todos os documentos de centro, simplemente debes premer no seguinte enlace.

Instruccións aula virtual (AV)

Aquí poderás consultar as instruccións para acceder á Aula Virtual, cómo conseguir as túas credenciais e qué facer no caso de que as esquezas.

Para a formación semipresencial ou a distancia empregase outra plataforma, á cal podes acceder no seguinte link “FP a Distancia

Biblioteca

coordinadora da biblioteca

Ana Isabel Argibay Justo
anaargibay@edu.xunta.gal

Image

A biblioteca é un lugar de estudio, lectura e traballo onde se deberán manter as normas de comportamento axeitadas. O mobiliario non se pode mover, débese respectar a distribución establecida. Recorda empregar as papeleiras e cumprir as normas de limpeza axeitadas.

Neste espazo tes ordenadores que podes usar para facer os teus traballos, teñen instalados moitos dos programas que se empregan nas clases. Se detectas que tes algunha necesidade de traballar con un programa que non está instalado coméntallo ao xefe de estudos que fará todo o posible por poñer a túa disposición as ferramentas que precisas.

Novas da Biblioteca

Skills

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte organiza e promove competicións de destrezas (skills) da Formación Profesional, estimulando a estudantes, profesorado e empresas.

Servizos

O centro dispón dunha rede wifi "edu.xunta.gal" para poder acceder a ela consulta co equipo TIC

A cafetería é o noso espazo máis dinámico, aquí atoparás a Merche que te atenderá do mellor xeito posible.
O horario da cafetería é de 8:30 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Dentro do noso recinto hai un espazo para o aparcadoiro de coches de profesorado. Na contorna existen moitas alternativas de aparcamento para o alumnado.

O centro dispón dunha estación de carga para patíns eléctricos. Pregunta en conserxería para poder empregalo

Orientación profesional

Orientadora

Laura Rodríguez Díaz
laurarodiaz@edu.xunta.gal

O departamento de información e orientación profesional ten os seguintes ámbitos de intervención:

  • Orientación académica sobre os itinerarios formativos, deseñando unha programación secuenciada e adaptada ás necesidades dos tramos de idade correspondentes a cada etapa educativa ou de formación.

  • Información e/ou asesoramento: tanto á comunidade educativa como ao público en xeral.

  • Inserción laboral e bolsa de emprego en coordinación co responsable da FCT.

  • Acreditación de competencias profesionais: asesoramento e apoio técnico.

  • Atención á diversidade. Concretado no Plan Xeral de Atención á Diversidade.

  • Coordinacións con organismos e entidades para a prestación de servizos de orientación profesional.

  • Emprendemento: fomentando a cultura emprendedora a través de diferentes actividades.

  • Formación de profesionais da orientación profesional: promovendo a actualización constante dos membros do departamento.

Novas de orientación para ó alumnado

Formación en centros de traballo (FCT)

Xefe Dpto Relación con empresas

Pablo Villaronga Paz
pablovillarongapaz@edu.xunta.gal

Desde o departamento de relación  con empresas levamos a cabo unha dobre función, por unha banda coordinamos a parte administrativa do módulo de prácticas nas empresas e por outra xestionamos a bolsa de emprego do CIFP Fontecarmoa que permite poñer en contacto ás empresas co alumnado que cursou Formación Profesional no noso centro educativo.
 
O antigo alumnado poderá inscribirse na bolsa de emprego subindo o seu currículo no formulario correspondente. Calquera empresa interesada en ofertar prazas para a realización de prácticas pode poñerse en contacto connosco e solicitar alumnado en prácticas. As empresas que necesiten persoal poden comunicarnos as súas ofertas de emprego a través dos datos de contacto.

Novas da FCT para ó alumnado

Ofertas de traballo

Image

Actividades físicas e deportivas

Image

Servizos socioculturais e á comunidade

Image

Transporte e mantemento de vehículos

Image

Instalacións e mantemento

Image

Sanidade

Image

Indusrtias alimentarias

Image

Electricidade e electrónica

Image

Comercio e márketing

Últimas ofertas de traballo recibidas

A continuación podes atopar unha listaxe das derradeiras ofertas de emprego recibidas no CIFP Fontecarmoa. Para consultar toda a oferta de cada unha das familias profesionais do centro podes premer nos botóns da parte superior. Esta listaxe ten un carácter orientativo e é posible que algunhas ofertas de emprego xa non se atopen dispoñibles.

Profand
· Completa · 17.000€ brutos/año
Pescanova (Chilca - Perú)
Becario · 40 horas semanales · 25.100 € anuales
Imelfa e Hijos S.L
· Xornada partida ·
Stellantis Vigo
Programa formativo en colaboración con Ceaga e Xunta de Galicia · Fin de semana ·
Osmos Sistemas Eléctricos
· ·
Olofin Group
contrato indefinido - incorporación inmediata · · salario según convenio colectivo de Guipúzcoa
Navantia Ferrol
Temporal · ·
HOSTELERIA COMERCIOS Y OFICINAS SL.
· ·
Conservas Portomar
· ·
GALVENTUS
Incorporación inmediata · ·
RANDSTAD
Contrato directo por empresa · Xornada completa (a turnos) · 18.000 € - 20.000 €

Curriculum

O obxectivo deste formulario de currículum vitae é que o CIFP FONTECARMOA teña unha base de datos do noso alumnado que sirvan ao Centro para poñer en contacto ás diferentes empresas que así nolo solicitan cos alumnados interesados.


    Buzón de suxestións e queixas

    Sistema de Xestión de Calidade (SXC)

    Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Fontecarmoa poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:

    SUXESTIÓN: idea que se lle aporta á dirección do CIFP Fontecarmoa con ánimo construtivo para a súa mellora.

    QUEIXA: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP Fontecarmoa non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (sistema de xestión de calidade) ou legais.

    Para presentar as súas suxestións ou queixas pode facelo a través deste formulario on line.

    A súa opinión é importante.

    Grazas por axudarnos a mellorar!

    Reclamación as cualificacións

    O procedemento de reclamación ás cualificacións finais rexerase polo establecido no Art. 45 da Orde de 12 de Xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas da formación profesional inicial.
     
    A solicitude de reclamación debe ser presentada no modelo oficial (ver ficheiro adxunto) e de xeito presencial no centro, dentro do prazo establecido legalmente (dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en que se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.  )
     

    Este proceso debe estar rematado nun prazo máximo de cinco días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.

    Para o alumnado de distancia, o documento poderá remitirse de xeito telemático ao correo: cifp.fontecarmoa@edu.xunta.gal
     
    Xunto coa solicitude de reclamación no modelo oficial, deberá achegarse copia do DNI e será presentado, igualmente, dentro do prazo establecido legalmente.
     
    O modelo de reclamación ás cualificacións finais estará a disposición do alumnado na administración do centro e no seguinte enlace: