Outros departamentos
Neste apartando inclúense aqueles departamentos que non pertencenten a ningunha familia profesional das existentes no CIFP Fontecarmoa. O cometido destes departamentos é a de impartir módulos tan importantes como os relacionados coa formación laboral e a iniciativa emprendedora, a ensinanza de idiomas ou os módulos comúns dos ciclos da FP Básica.
Formación e orientación laboral
As ensinanzas que se imparten neste Departamento son transversais, estando presentes en todos os ciclos formativos tanto de grado medio coma superior.
Engloba dous módulos fundamentais, Formación e Orientación Laboral e Empresa e Iniciativa Emprendedora.
O primeiro deles contén a formación necesaria para desenvolver a carreira profesional, con pleno coñecemento dos dereitos e obrigas laborais. O segundo, contén a formación para desenvolver a propia iniciativa empresarial.

Xefatura do departamento
María Isabel Rodríguez Bermúdez
mariaisabel.rodriguez@edu.xunta.gal
Contacto do departamento
Profesorado
Eva María Cabrejas Barba
María Isabel Lorenzo Fuentes
Mª de los Ángeles Pacios Martínez
María Dolores Meixús Filgueira
Departamento de Lingua Inglesa
As ensinanzas que se imparten neste Departamento son as correspondentes a Inglés, presente en todos os ciclos da familia de Comercio e Márketing e os correspondentes os contidos transversais nos ciclos da FP Básica.
Engloba tres módulos fundamentais, Inglés, Comunicación e Sociedade e Ciencias aplicadas.
O primeiro deles contén a formación necesaria para as relacións comerciais no mundo actual. Os outros dous proporcionan os contidos transvesais nos ciclos de FP Básica.

Xefatura do departamento
Alba Pérez González
albaperezgonzalez@edu.xunta.gal
Contacto do departamento
Profesorado
Patricia Magariños Losada
Física e Química
Os profesores pertencentes a esta especialidade imparten ensinanzas correspondentes ós módulos dos contidos transversais de Ciencias Aplicadas presentes en todos os ciclos da FP Básica.
No noso centro os módulos de ciencias aplicadas impártense nos tres ciclos de FP Básica que dispón o CIFP Fontecarmoa: Servizos Comerciais, Industrias Alimentarias e Electricidade e Electrónica.

Profesorado
Lourdes Álvarez Cid
Celia Requeijo de la Rosa
Novas outros departamentos
