O pasado día 18 de abril celebrouse no salón de actos do CIFP FONTECARMOA unha charla sobre inserción laboral enmarcada dentro do programa de emprendemento “Actúa”.
A relatora, Verónica Rodríguez Ruzo, dirixiuse ao alumnado dos ciclos de Transporte e Loxística, Mecatrónica Industrial, Automatización e Robótica industrial e Industrias alimentarias, transmitindo a súa propia experiencia emprendedora e animando ao alumnado a contemplar o autoemprego como unha saída laboral enriquecedora e viable.
A actividade foi valorada moi positivamente polo alumnado e profesorado participante.
