O día 29 de abril desenvolveuse no CIFP Fontecarmoa o programa Prepárate para o salto. Esta actividade, realizouse en colaboración coa Fundación Abanca Obra Social, e consistíu na asistencia presencial a unha conferencia titulada Sé intelixente cos teus cartos, impartida pola profesora de finanzas Carlota Sánchez Puga.
A duración da charla foi de 60 minutos e nela abordáronse os retos que marcarán a evolución da economía mundial, facendo especial fincapé na necesidade de mellorar o nivel de coñecemento das finanzas persoais para mellorar o nivel de alfabetización financeira.
Os contidos que se traballaron na sesión foron:
– Como xestionar un orzamento persoal.
– As ferramentas dixitais que nos axudan a ter un maior control dos cartos.
– Elección de indicadores para comparar e elixir os mellores produtos financeiros.
– A importancia do aforro a longo prazo.
Na actividade participou alumnado dos ciclos da familia de Comercio e Marketing: CS Comercio Internacional, CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e CS Transporte e Loxística.
Luns, 06/05/2024 · 10:30 a.m.
Emprendemento
Prepárate para o salto.