Hoxe, 28 de marzo ás 8:30, tivo lugar no centro a ponencia “Preparados para o salto” organizada pola Coordinación de emprendemento dentro do programa Eduemprende en colaboración coa Fundación Abanca para a alfabetización financieira.
Os alumnos de 1GS Comercio Internacional puideron asistir a esta actividade da mán de Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de educación superior de Afundación e profesora, dende hai máis de 30 anos, na área de finanzas do IESIDE.
Durante a charla tratáronse temas tan importantes como a seguridade nas transacción online, cultura financiera básica, xestión do presuposto persoal, importancia do aforro e riscos financeiros actuáis.