VISITA O CENTRO DE RECURSOS EDUCATIVOS DA ONCE EN PONTEVEDRA
O pasado 16 de marzo os grupos de Técnicos en coidados auxiliares de enfermería(TCAE) e de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) acudiron as xornadas de portas abertas do Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra. Trátase dun dos 5 centros do territorio nacional que proporciona servicios educativos ás persoas con problemas visuais graves, así como tamén atende e apoia as familias e os centros educativos ós que acuden, a través de recursos persoais e materiais especializados.
Durante a visita tiveron a oportunidade de participar en 4 obradoiros diferentes:
– Obradoiro da imprenta, nel viron a impresora de escritura en Braille, onde transcriben os libros de texto, e as diferentes formas de impresión de imaxes, onde empregan as texturas e os relevos para compensar a falta visual das mesmas.
– Obradoiro das adaptacións, nel realizaron unha actividade de identificación de obxectos a través do tacto, ensináronlles diferentes adaptacións tanto educativa, como de ocio e tamén as adaptacións nas TICs.
– Obradoiro de acompañamento guía, ensináronlles a técnica de acompañar a unha persoa con problemas visuais e realizaron un circuíto onde unha poñíase na pel da persoa con cegueira total e a outra era a súa acompañante guía.
– Obradoiro de escritura en Braille, onde empregaron a máquina Perkins, máquina de escritura en Braille, con ela inician o aprendizaxe Braille os máis pequenos.
Nesta visita o alumnado tivo a oportunidade de poder entender e empatizar cás persoas con diversidade funcional, coñecer un pouco máis sobre as adaptacións que precisan, así como iniciarse no método de acompañamento guía das persoas con dificultades visuais.

