Xoves, 09/11/2023 · 5:18 p.m.
Emprendemento
Taller de comunicación.

Hoxe, día 8 de novembro, celebrouse no CIFP FONTECARMOA a actividade “Taller de comunicación” a cargo do actor Xaquín Domínguez (que moitos lembrarán de série Pai Casares).
O taller contou cunha ampla participación de alumnado pertencente ás distintas familias profesionais con estudos presentes na oferta educativa do centro educativo. Xaquín Domínguez destinou a actividade ao traballo de habilidades brandas como a adaptabilidade, e a descubrir nun mesmo as fortalezas e debilidades para adaptarse ao medio.
Ademais, destacou a enorme importancia da comunicación como ferramenta imprescindible nas relacións persoais e profesionais.