Martes, 14/11/2023 · 9:42 a.m.
Dinamización lingua galega
Enquisa sobre as linguas no CIFP Fontecarmoa

Calquera membro do centro pode sumarse ao Equipo de Dinamización Lingüística, que busca realizar actividades ao longo de todo o curso.

O Equipo de Dinamización Lingüística do CIFP Fontecarmoa lanzou a enquisa de uso de linguas no centro para este curso 23-24.

Trátase dunha iniciativa que serve para coñecer a realidade de idiomas no centro e dá continuidade ao traballo de cursos pasados.

Alumnado, docentes e persoal non docente poden votar de xeito anónimo nas seguintes ligazóns.

Alumnado: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/qjWnreaP5mEsC8Hd

Profesorado: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/kHe6HDTe4t4eAF4j

Persoal non docente: https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/RpmxEZqwTgdRNQ76

O conxunto de datos, que se coñecerán no segundo trimestre, resultan de moito valor para o plan lingüístico do centro.

Calquera membro do Fontecarmoa pode sumarse ao Equipo de Dinamización Lingüística, que busca realizar actividades ao longo de todo o curso.