Este mércores, 8 de novembro, o alumnado do Ciclo Superior en Mobilidade Segura e Sostible estivo acompañado por Sandra Pérez, representante do colectivo Stop Accidentes e víctima dun accidente de tráfico. Foi unha sesión de sensibilización e, sobre todo, dunha profunda análise e reflexión sobre as causas e consecuencias dos accidentes e dos siniestros viarios. As variables son moitas e os terribles efectos máis aínda.
Esta sesión contribuiu a afianzar a imprescindible educación viaria, unha educación que se sosteña nos valores de convivencia, respecto, tolerancia e responsabilidade cidadá nun entorno que deberamos definir e afianzar na mobilidade segura, sostible e inclusiva.
Niso estamos, desde o común, desde o colectivo, e seguiremos coñecendo experiencias persoais e profesionais que favorezan a conexión do alumnado co seu entorno profesional inmediato.