O venres 3 de novembro, o alumnado de primeiro do Ciclo Básico de Servizos Comerciais e de primeiro do Ciclo Medio de Actividades Comerciais achegouse xunto ao seu profesorado a Fairway, o Fórum do Camiño de Santiago.
Esta feira profesional, que celebraba a súa quinta edición no Palacio de Congresos da capital galega, xirou arredor de todas as vertentes de negocio arredor dos camiños xacobeos de peregrinación: hostalería, promoción turística, márketing dixital ou a ligazón con outras rutas arredor do mundo, como Malta e o Xapón.
Alumnas e alumnos puideron entrar en coloquios, pasear polos postos cheos de elementos promocionais, departir cos profesionais e ver en directo como funciona unha axenda de entrevistas profesionais rápidas ou workshop- con hosted buyers convidados pola organización.
Esta actividade complementaria de formación estivo artellada dende o Departamento de Comercio e Márketing do CIFP Fontecarmoa.
Martes, 07/11/2023 · 9:41 a.m.
Comercio e marketing
Visita a Fairway, Forum do Camiño de Santiago