Hoxe celebrouse na biblioteca do CIFP Fontecarmoa a derradeira sesión da actividade “Safari Emprendedor”, a cargo da relatora Raquel Pedrouso.
O grupo de CM Actividades Comerciáis, segundo curso, participou neste Safari no que se desenvolveron dinámicas que tiveron como obxectivo fundamental o traballo co alumnado para o desenvolvemento habilidades brandas que favorezan o seu espírito emprendedor: traballo en equipo,liderado, autocoñecemento, autoconcepto e a escoita activa.
A actividade foi moi dinámica e participativa e serviunos para facer un percorrido polas habilidades persoais máis importantes para o noso crecemento personal e profesional.
Ademais destacouse a importancia de adaptar as novas ferramentas de IA no campo do emprendemento.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Aulas de emprendemento na FP 2024.
Moitas grazas ao profesorado colaborador!
/Paula Boo Pardavila
Coordinadora de emprendemento