Martes, 28/11/2023 · 9:18 a.m.
Emprendemento
Taller “Como presentarse ao mundo”

O mercado laboral é moi competitivo e ás veces son moitas as dificultades coas que se atopan as persoas que queren acceder a un posto de traballo.


Dispoñer de ferramentas e instrumentos útiles que favorezan a empregabilidade é moi importante. Por iso, o pasado día día 20 de novembro, no salón de actos do CIFP Fontecarmoa, celebrouse o taller “Como presentarme ante o mundo”, no que Antía Blanco, profesional cunha ampla traxectoria no campo dos recursos humanos e selección de personal, explicou ao alumnado participante que o punto de partida no proceso de procura de emprego debe comezar polo autocoñecemento.
Ademais, tratou acerca das características do mercado de traballo actual e das canles para a procura dun emprego.


Esta actividade enmárcase no programa Aulas de Emprendemento 2023, que ten como obxectivo a creación dunha Rede de aulas de emprendemento para o desenvolvemento de actividades de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de grao medio ou superior de Formación Profesional, para canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado.