Hoxe, para celebrar o día do libro, recibimos no CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa a visita do profesor de sanidade Jorge García (que utiliza o pseudónimo de Jorge Arinoa en honor ás súas fillas Ariadna e Noa) para facer a presentación do seu libro “¿Y tú quién te crees que eres?”
Todo o que se recade coa venda do seu libro será doado integramente á Asociación Española Contra o Cancro. O acto tivo lugar na biblioteca do centro onde o autor falou do seu libro e aproveitou para firmar diversos exemplares aos asistentes.