O pasado sábado 13 de abril as nosas compañeiras Diana Ortega, Tania Ameneiro e Beatriz García participaron na xornada formativa da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade celebrada no CIFP Ánxel Casal da Coruña.
En concreto Tania Ameneiro presentou o novo ciclo de Formación para a Mobilidade Sostible nunha mesa de experiencias e boas prácticas xunto a compañeiras do CIFP Ánxel Casal, o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e IES Féliz Muriel de Rianxo.
Foi unha intensa xornada de formación, recoñecemento e aprendizaxe colectivo de cara á poñer en común experiencias e definir estratexias para afrontar co máximo rigor profesional os desafíos e oportunidades da nosa familia profesional.