Venres, 10/03/2023 · 11:50 a.m.
Servicios socioculturais e á comunidade
Visita centro Promoción de autonomía persoal de Bergondo


O pasado 27 de febreiro o grupo de 1º de APSD (Atención a Persoas en Situación de
Dependencia) realizaron unha visita o Centro de Promoción de Autonomía Persoal (CPAP) de
Bergondo. O CPAP é un centro público de carácter nacional que pertence o Instituto de
Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), é un centro especializado formación, capacitación
profesional e rehabilitación funcional de persoas con discapacidade física, sensorial e dano
cerebral adquirido.
Durante a visita tiveron a oportunidade de ver as 3 áreas das que consta o centro:
 Na área de formación, ensináronlles as aulas onde se preparar en habilidades TIC,
puideron ver os espazos adaptados, as mesas para persoas con cadeira de rodas,
teclados, pantallas, pulsadoiros e diversos produtos de apoio para facilitar o uso do
ordenador ou do teléfono móbil.
 Na área asistencial, viron todas as características das que debe contar unha habitación
cando a persoa está en cadeira de rodas ou presenta unha mobilidade reducida. Viron
diferentes tipos de guindastres de mobilizacións, cadeiras de baño e aseo, bañeiras
para grandes dependentes, etc
 Na área de rehabilitación, coñeceron os diferentes espazos e materiais cos que se
traballa para a recuperación da autonomía ou a diminución da dependencia. Pero o
espazo que máis lles chamou a atención foi a vivenda domótica que facilita as
actividades da vida diaria a través do uso das tecnoloxías creando unha vivenda
intelixente.
Esta visita permitiu que o grupo coñecera de primeira man como se traballa nun centro destas
características e tamén visualizar certos materiais, instalacións e produtos de apoio menos
habituais dentro do ámbito sociosanitario.