O Centro de Atención Integral “Princesa Letizia” AMENCER ASPACE está en Vilagarcía, moi preto do noso instituto e adícase a facer unha atención global a persoas con parálise cerebral e patoloxías afines e para elo conta con un Centro Educativo e un Centro de Día.
Os nosos amigos do C. A. I. AMENCER nos visitaron en dúas ocasións:
- A primeira vez a fixeron coincidir co “Día mundial da parálise cerebral” para facernos reflexionar, con usuarios do seu centro, sobre as nosas decisións no día a día, poñendo como lema “Yo decido”.
- A segunda ocasión que viñeron, serviu para mostrar aos nosos alumnos de 1º de Coidados auxiliares de enfermería e 1º de Atención a persoas en situación de dependencia o traballo que se fai neste centro atendendo a persoas con parálise cerebral.