Venres, 10/03/2023 · 9:05 a.m.
Servicios socioculturais e á comunidade
Charla asociación BATA

Os grupos de 1º de Coidados auxiliares de enfermería e 1º de Atención a persoas en situación
de dependencia recibiron unha visita dunha traballadora e dunha usuaria da asociación
autismo BATA de Vilagarcía de Arousa. Esta asociación traballa co Trastorno do Espectro do
Autismo (TEA), trastorno que afecta a configuración do sistema nervioso e o funcionamento do
cerebro, dando lugar a dificultades principalmente na comunicación e interacción social e a
flexibilidade do pensamento e conduta.
Con esta charla coñeceron o que é o TEA e todas as variabilidades que poden existir, do que
sacaron en claro que non hai dúas persoas con TEA iguais, que dependeran do seu propio
desenvolvemento persoal e dos apoios que poda ter. Ensináronlles o traballo que se fai en
BATA: programa de vida adulta, servizo de ocio comunitario, servizo de educación, servizo de
apoio á familia, así como o centro de día e as vivendas comunitarias.
Tamén tiveron a oportunidade de escoitar as vivencias dunha usuaria da asociación, que moi
amablemente lles contou todas as actividades que facían na asociación, as terapias que máis e
menos lle gustan e o encantada que estaba de ser mestra por un día.