Mércores, 08/03/2023 · 10:40 a.m.
Sanidade
Obradoiro de relaxación

O pasado 10 de febreiro o alumnado de 1º do ciclo medio de APSD participou nun obradoiro de relaxación impartido por Maite Guzmán, directora de YOGYM (estudio de ioga, pilates e adestramento en Pontevedra), graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnica superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, especializada en Hatha Yoga e Meditación.

Durante dúas horas puidemos aprender, gozar e participar das técnicas de relaxación máis habituais: respiración completa, relaxación progresiva e mindfulness. Son procedementos polos que se reducen os niveis de reacción automática do organismo, reducindo a tensión física e mental. As técnicas de relaxación axudan a manter un estado de tranquilidade ante estímulos excesivos, sendo útiles en casos de ansiedade e estrés.

A relaxación é unha habilidade e como tal hai que aprendela, pero para que sexa realmente efectiva hai que adestrala para consolidala como un hábito para poder activala sempre que as circunstancias o requiran nos futuros usuarios e en nós mesmos.