Xoves, 02/11/2023 · 12:29 p.m.
Sanidade
Visita instalacións AMENCER-ASPACE

Logo da charla celebrada no noso CIFP onde viñeron David e Eva acompañados por David Carrera, director do Centro de Día, a contarnos como é seu día a día no centro da Asociación AMENCER-ASPACE, convidáronnos a devolverlles a visita e coñecer as instalacións do centro Princesa Letizia, que teñen sido recentemente renovadas e ampliadas. Así, a pasada semana os grupos de 1º de CAE e 2º de APSD estivemos encantados de desprazarnos ata o centro e ver in situ todo o que eles nos contaron na charla.
Este centro, ademais do centro de día, dispón dunha escola, onde os rapaces poden estar ata os 21 anos, e agora están a piques de estrear unha nova zona para respiro familiar. Mostráronnos todas as actividades que realizan e os planes de futuro que teñen, esperamos seguir compartindo con eles moitos días coma estes.