Onte ao longo da maña fixemos unha visita guiada ao Balneario de Cuntis acompañados de dous médicos os que nos explicaban a composición das augas mineromedicinales que emanan nesas instalacións e os tratamentos terapéuticos que se realizan no Balneario
A visita foi dunha riqueza en contidos moi ampla pois afianzamos todo o Aprendido e puidemos probar algúns dos tratamentos: inhalacións, fangos… Ademais nos fixeron un percorrido histórico na evolución da Hidroterapia e vimos algunhas pezas dun valor incalculable ( bañeira mármore Carrara )
Finalmente probamos o circuíto Lúdico Termal Acquaform onde puidemos gozar das augas e os beneficios nos distintos chorros, piscinas, saunas, jacuzzi…