Mércores, 25/10/2023 · 7:59 a.m.
Electricidade e electrónica
Visita a CITEGA

Visita didáctica á empresa CITEGA en Vilagarcia de Arousa.
Os alumnos de 2º curso do Ciclo Superior Automatización e Robótica Industrial visitaron onte, acompañados polos profesores Julián e Uxia, as instalacións da empresa CITEGA de Vilagarcía de Arousa. A actividade non puido ser máis enriquecedora e didáctica, pois acompañados en todo momento por Manuel, puideron comprobar de primeira man como é o día a día de traballo nesta empresa de automatización industrial. Manuel e os demais técnicos explicaron aos alumnos e profesores o proceso completo de realización de proxectos de liñas automatizadas para o sector da alimentación: desde a elaboración de presupostos, deseño de esquemas eléctricos, montaxe de cadros eléctricos, programación de autómatas programables e deseño de redes de comunicación industrial, como Profinet ou IOLink. Ademais puideron ver unha liña automatizada e robotizada, montada e case terminada no taller de TACORE.

A visita propiciou tamén o encontro con ex-alumnos do CS Automatización, que agora traballan deseñando, programando, montando e supervisando sistemas automatizados industriais.

Agradecemos enormemente a atención prestada e consideramos que se tratou de unha experiencia a repetir outros anos.