Luns, 06/03/2023 · 1:51 p.m.
Actividades físicas e deportivas
Visita a Termaria, Casa da auga

O alumnado de segundo curso do ciclo superior de Acondicionamento físico, tivo a oportunidade de disfrutar dunha visita guiada polas instalacións de Termaria, centro de ocio acuático catalogado como un dos máis grandes de Europa (48.500 m2), e unha das infraestructuras máis importantes a nivel deportivo.

Consta dun espazo de tres áreas claramente diferenciadas: Sport, Talaso, e Clube.

Trala visita e a ruta polas diferentes áreas, coas explicacions pertinentes, o alumnado puido realizar tres actividades de media hora cada unha delas:

– 360 FIT: Actividade de preparación física, baseada nun circuito en instalación personalizada exterior.

– SESIÓN BODYJUMP: Actividade en sala dirixida a clases colectivas.

– SESIÒN FITBOARD: Actividade en piscina olímpica cuberta.

Finalmente, o alumnado tamén puido disfrutar da zona talaso, onde a súa piscina, de 400m2, auga mariña, e unha temperatura similar á do corpo humano, nos ofreceu infinidade de posibilidades, desde o ámbito puramente lúdico, ata o terapéutico.