O pasado luns 14 de novembro, varios grupos das Familias Profesionais de Comercio e Márketing, e de Industrias Alimentarias, estiveron a descubrir a realidade do sector gourmet galego na Feria Etiqueta Negra.
O alumnado de:
2CB de Servicios Comerciais,
2CM de Actividades Comerciais,
1CM de Industrias Alimentarias,
1CS de Xestión de Vendas, e
2CS de Comercio Internacional,
recibiu unha marabillosa acollida por parte da empresa encargada da xestión do evento, que ademais ofreceu unha charla sobre as dificultades propias da organización dun evento destas características.