O alumnado de segundo curso do ciclo superior de Automatización e Robótica Industrial, ven de realizar unha visita á empresa NUGAPE Pet Food, situada no polígono de Tremoedo, en Vilanova de Arousa, e dedicada á fabricación e envasado de comida seca para mascotas.
Acompañados por dous técnicos da empresa, tivemos a oportunidade de coñecer as instalacións onde se levan a cabo os procesos, o laboratorio (onde se analizan diariamente as mostras de producto), e, máis sinaladamente, as liñas robotizadas da factoría, e a sala de control e supervisión.
Estas liñas e sistemas de control, empregan sensores, autómatas, paneis de operador, e robots, idénticos aos que emprega o noso alumnado na súa formación nas aulas, polo que a visita supuxo unha boa oportunidade de completar o traballado con estes dispositivos en clase, coa observación da súa implementación nunha aplicación real.
Por isto, e pola magnífica acollida, esperamos poder volver noutra ocasión con outro grupo de alumnos e alumnas!
Agradecemos a súa atención a todo o persoal da empresa, e a xestión da visita á profesora Uxía Casal.