Continuamos con actividades ben interesantes no ciclo de mobilidade segura e sostible. Nesta ocasión participamos nunha formación dirixida por Juan Manuel Romero, garda civil de inspección de tráfico, licenciado en psicoloxía e especializado en psicoloxía do tráfico e seguridade viaria, entre outras.
Foi unha formación específica sobre o transporte por estrada e os requirimentos no transporte tanto de mercadorías como de persoas, o rol da profesional que exerce este traballo, os tempos de condución e descanso e o tacógrafo.
Estas actividades enriquecen a formación do noso alumnado e contribúen a conectalas co sector laboral. Continuamos neste proceso construtivo da aprendizaxe!