Luns, 29/01/2024 · 11:59 a.m.
Servicios socioculturais e á comunidade
Conversas con petisco

Que vos parece conectar coa realidade escoitando, vendo e sentindo? A semana pasada comezamos o ciclo “Conversas con petisco” no que, xunto co alumnado de 1º de CM Atención a persoas en situación de dependencia conversamos con Pilar e Manolo, avoa e avó de Helenca. Escoitamos e falamos das súas vivencias, das súas necesidades e acompañámolos nos seus desexos. Que ben nos sentimos e que ricas as bicas! Grazas Helenca e Elia por traelas.

Con este ciclo organizado coas mozas e mozos de 1º de APSD, imos conversar alomenos un par de veces ao mes con diferentes persoas que viven e sinten a súa etapa vital dun xeito distinto, activo e libre, con usuarias e con persoas coidadoras que invirten moitas horas nos coidados formais e informais na atención e apoio a persoas en situación de dependencia. Queremos fomentar espazos de diálogo e intercambio de vivencias persoais e profesionais, queremos falar dos coidados, de coidarnos, para comprendernos, conectar e sobre todo aprender para transformar.