No ciclo superior Técnica/o en formación para a mobilidade segura e sostible participamos a semana pasada nunha sesión de formación e divulgación sobre os sinistros de tráfico. Para isto contamos unha vez máis coa colaboración da Xefatura de Tráfico, en concreto coa coordinadora de educación viaria da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, Susana Freire e con Daniel Castelo Sarxento Primeiro da Garda Civil de Tráfico do Porriño.
Sabedes o que é a hora dourada? Como debemos reaccionar ante un sinistro de tráfico? E o máis importante falamos da prevención, de tomar conciencia do que é desprazarnos, circular como condutoras dun vehículo ou como peatóns e da prioridade de convivir entre todas as persoas nun entorno seguro e amable.
Escoitamos a Daniel e Susana, e grazas a eles reflexionamos, analizamos e comprendemos. Participamos no escape room online e con certeza que seguiremos tendendo pontes para conseguir entre todas unha sociedade máis segura e sostible onde a educación sexa a nosa máxima prioridade.