O pasado martes, 28 de novembro ás 17h00 o alumnado do ciclo superior Técnica/o en formación para a mobilidade segura e sostible tivo un encontro formativo e profesional con Federico Ceniza Gómez, Coordinador de Educación Viaria e Rafael Araújo Meleiro, Xefe de Sección de Seguridade Viaria ambos altos cargos funcionarios da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.
Unha experiencia de aprendizaxe de grande impacto para o grupo pois tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da xefatura, as súas competencias e procedementos de deseño, xestión e implementación de intervencións para a educación e seguridade viaria.
A nosa máxima é tender pontes de colaboración con profesionais e institucións que exercen un papel imprescindible na organización e benestar cidadá e que contribúen a ofertar un ensino riguroso e de calidade.
Seguimos construíndo…