Mércores, 13/12/2023 · 12:14 p.m.
Dinamización de idiomas
Semana dos xogos populares, no CIFP Fontecarmoa

Esta iniciativa levouse a cabo grazas á colección da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove

O centro viviu o mes de novembro a súa segunda semana de xogos populares, organizada dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

O pavillón do Fontecarmoa acolleu un lote de 25 xogos distintos, procedentes da colección que atesoura a Concellaría de Xuventude do Concello do Grove e da que é responsable Cándido Mascato.

Alumnado e profesores dos distintos ciclos puideron divertirse con brinquedos como a zoca colgada, o tirataques, o xogo do reloxo, as pontes ou a carreira de tartarugas.

A colección de xogos populares a Concellaría de Xuventude do Concello do Grove facilítase de balde a distintos centros de ensino e colectivos, unha iniciativa que é de agradecer.

Dende o EDLG tamén se quere agradecer á colaboración de todo o equipo docente que traballa no pavillón que facilitou o uso do espazo baixo teito.