Luns, 08/04/2024 · 9:24 a.m.
Sanidade
CHARLA DA ASOCIACIÓN LAR PRO SAÚDE MENTAL:

O pasado xoves 21 de marzo recibimos a visita dende a Asociación Lar Pro Saúde Mental para recibir unha charla que foi dobre. Pola mañá foi dirixida a o noso alumnado de Coidados auxiliares de enfermería e de Atención a persoas en situación de dependencia e pola tarde recibiron a
charla os alumnos de Coidados auxiliares de enfermería en réxime modular de adultos.

Jesús, o psicólogo da asociación, nos fixo un repaso sobre tódalas enfermidades mentais e a maneira que ten a súa asociación de mellorar a calidade de vida dos seus usuarios. Destacou a importancia
de normalizar as enfermidades mentais e favorecer a sensibilización da poboación para reducir a estigmatización dos pacientes con enfermidades mentais.