Luns, 08/04/2024 · 9:31 a.m.
Comercio e marketing
Visita a illa de Palma de Mallorca.

O alumnado de 2º de Ciclo Básico de Servizos Comerciais, viaxou durante o mes de marzo á illa de Palma de Mallorca como resultado dun proxecto traballado na aula, no módulo de Ofimática.

Inicialmente enviáronse correos electrónicos formais a distintas axencias para solicitar presuposto de distintas viaxes. O alumnado en canto recibiu respostas e viu que era posible a súa realización, decidiu dar un paso máis alá e, dedicouse a investigar en distintos buscadores sobre destinos, hoteis, aeroliñas. Buscaron pola súa conta, comparando prezos, tempadas, réximes de aloxamento, diferenzas de prezo entre levar equipaxe ou non, situación do aloxamento a través de búsqueda en Google Maps, cómo moverse no destino, visitas que querían facer, etc.


Unha vez vistos e analizados diversos factores, elixiron entre os dous destinos máis económicos e os que nos puideran aportar coñecementos relacionados coa actividade comercial. Polo tanto, decantámonos por Palma de Mallorca, xa que a viaxe non é longa, hai voo directo de Santiago a Palma, existe moito comercio tradicional (cestería, zapatos,…) e tamén shopping deluxe.

Entre o que fixemos na illa destacamos as visitas a Sóller (comercio artesanal), Lafiore (fábrica de vidro, onde puidemos deleitarnos observando a técnica do soprado) e ao centro de Palma (casco histórico, galerías de arte e tendas de luxo).