Recentemente o alumnado do ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermeria visitou a Central de Esterilización do Hospital de Montecelo.
Este servicio recibe o instrumental cirúrxico dos Hospitales de Montecelo e Provincial, así coma de centros de especialidades de Pontevedra. É aquí onde se limpa, desinfecta e esteriliza o material sanitario que se volverá a utilizar libre de risco de infección.
Os TCAE son os profesionais que forman parte do equipo do servizo en maior número, e os nosos alumnos e alumnas puideron coñecer de cerca as instalacións e o importante traballo que alí se realiza a diario.
O noso agradecemento ó Hospital Montecelo e en especial a Supervisora da Central de Esterilización, Amparo, e a Coordinadora de Docencia, Rosario, pola xestión efectuada e a colaboración có noso CIFP para acercar ó mundo laboral ó alumnado.