Alumnos e profesores do profesorado do CIFP Fontecarmoa fórmanse en dez países distintos co programa Erasmus +
A primeira estadía, xa en marcha, levou ás profesoras Paula Boo e Elena Rodríguez ata Irlanda, da man do City of Dublin Education and Training Board.
Docentes e alumnos do CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía gozarán de aquí a finais de cursos de estadías formativas en diferentes países da Unión Europea e en Bolivia, no marco do programa Erasmus +, impulsado dende a Unión Europea.
En concreto, os destinos para os catorce profesores viaxeiros son diversos centros en Dublín (Irlanda), Varala (Finlandia), Kaunas (Lituania), Valga e Parnu (Estonia), Riga (Letonia), Birkirbara (Malta), Spoleto (Italia) e La Paz (Bolivia); mentres que os catro estudantes, acabado de titular ou en período de Formación nos Centros de Traballo, que se sumaron ao programa achegaranse a Malta, París (Francia), Óbidos e Porto (Portugal).
Case todos os departamentos do CIFP Fontecarmoa toman parte no Erasmus + e contan con algún docente entre os seleccionados para esta iniciativa.
Ademais, haberá presenza do Fontecarmoa nunha actividade TCA (Training Cooperation Activity) en Riga para impulsar os hábitos saudables dos centros escolares.
Comezando esta xeira, as profesoras Paula Boo e Elena Rodríguez participan nunha formación en Dublín dende o 15 e ata o 21 de abril. A organización City of Dublin Education and Training Board é a anfitrioa das docentes, que visitan os centros de formación profesional Catahal Brugha FET College e Colaistre Dhulaig CFE Kilbarrack Campus.
O obxectivo principal desta viaxe é realizar unha formación mediante observación para entender como funciona a formación profesional en Irlanda e como se xestiona o emprendemento. Ademais, as profesoras procuran establecer contactos a longo prazo para o proxecto Erasmus do Centro.
Este intercambio educativo é unha oportunidade única para o CIFP Fontecarmoa e para as profesoras, xa que lles permitirá coñecer diferentes metodoloxías, técnicas e ferramentas utilizadas na formación profesional irlandesa. Do mesmo xeito, poderán compartir as súas experiencias e enriquecer a súa visión educativa