Mércores, 27/09/2023 · 10:16 a.m.
Erasmus
Erasmus Days

Os próximos días luns 9 e martes 10 terán lugar no CIFP Fontecarmoa por primeira vez os Erasmus Days, este evento terá lugar no salón de actos do centro e están convidados todo o profesorado e alumnado.

Ditas xornadas consistirán en charlas informativas sobre a mobilidades Erasmus para estudantes de ciclo medio e ciclo superior e para profesorado.Tamén haberá charlas técnicas sobre Baloncesto, Loxística e Recursos Humanos impartidas por diferentes relatores como Dian Rahmawati, Karen Pena Caramés, Ineta Pelse, etc.

Dende a coordinación de programas internacionais desexamos que estas xornadas sexan de interese para todo o alumnado e profesorado e teñan continuidade nos próximos cursos.

Ver programa completo