Mércores, 20/09/2023 · 10:28 a.m.
Formación
Proxectos de formación do profesorado de formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O día 19 de setembro publicouse a convocatoria 23/24 de Proxectos de Formación do Profesorado de FP e Ensinanzas de Réxime Especial,

Estes proxectos teñen como finalidade formar ao profesorado con inquedanzas investigadoras e innovadoras para favorecer a inserción laboral do alumnado a través de propostas de mellora dirixidas ao sector produtivo ou á aula, ademais de permitir a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais dos/as docentes para mellorar a calidade da educación, así coma as competencias profesionais do alumnado.

As liñas prioritarias para o desenvolvemento destes Proxectos de Formación (PFFP) son:

  • Innovación tecnolóxica e científica
  • Innovación didáctica

Aínda que existen outras liñas de participación coma son:

  • Actualización da competencia dixital docente.
  • Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.
  • Orientación profesional, xestión do talento e emprendemento.
  • Plurilingüismo na formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial.
  • Atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero nas ensinanzas de formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.
  • Organización e xestión.
  • Actualización científica e didáctica do profesorado de formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Cada proxecto terá un coordinador/a e estará integrado, a lo menos, por catro participantes.

Estes Proxectos contan con orzamento propio.


prazo para a solicitude do Proxecto remata o 6 de outubro, nesta primeira fase realízase a solicitude a través de FProfe, na pestana de “Convocatorias”. Nunha segunda fase a solicitude do Proxecto contará coa colaboración dun asesor de formación para a elaboración do Proxecto, esta segunda fase remata o 23 de outubro.

Tedes a información completa en:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40976