Dende o próximo día 8 ao 10 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para os ciclos finais dos estudos correspondentes as ensinanzas deportivas de vela e baloncesto.
A prioridade de matrícula será para aqueles alumnos que cursasen os ciclos iniciais destas modalidades no presente curso académico. Se despois deste alumnado, quedasen prazas vacantes adxudicaríanse por orde de chegada.
O proceso de matrícula para o alumnado que cursou neste presente curso os estudos dos ciclos iniciais:
- Xustificante pagamento de taxas (pode xerarse a través de atriga). (xustificante 730)
- Copia do DNI
- Certificación académica de ter superado o ciclo inicial.
As taxas correspondentes para este alumnado serán:
- Servizos xerais: 13€
- Matrícula do ciclo completo: 125€ (baloncesto) 185€ (vela)
E dicir, o total para o ciclo final de baloncesto sería: 138€ e para o ciclo final de vela sería: 198€
O proceso de matrícula para o alumnado que non cursou neste presente curso os estudos dos ciclos iniciais:
- Recoller sobre de matrícula.
- Cumprimentar a solicitude.
- Pagar taxas (existe un ordenador ne centro onde poder realizar o pagamento a través de atriga) (xustificante 730)
- Xustificante de pagamento das taxas.
- Copia do DNI
- Certificación académica de ter superado o ciclo inicial
As taxas correspondentes para este alumnado serán:
- Apertura de expediente académico: 22€
- Servizos xerais: 13€
- Matrícula do ciclo completo: 125€ (baloncesto) 185€ (vela)
E dicir, o total para o ciclo final de baloncesto sería: 160€ e para o ciclo final de vela sería: 220€
Recordar que no caso de familia numerosa aplicarase un desconto do 50% en todos os conceptos anteriores. Será necesario xustificar documentalmente esta situación.
Para máis info do proceso de matrícula podes consulta o seguinte link: ver info